Aristófanes
Este artigo precisa de máis fontes ou referencias que aparezan nunha publicación acreditada que poidan verificar o seu contido, como libros ou outras publicacións especializadas no tema. Por favor, axude mellorando este artigo. (Desde agosto de 2022.) |
Aristófanes (448 a.C. - 380 a.C., en grego Ἀριστοφάνης) foi un cómico e dramaturgo grego. Escribiu máis de 40 comedias pero só se conservan once completas. Traducidas á lingua galega, publicáronse Nubes e Asemblearias, nun único volume, o número 7 da colección Clásicos en Galego, editado pola Xunta de Galicia e a Editorial Galaxia.
Aristófanes | |
---|---|
![]() | |
Nacemento | c. 448 a. C., c. 444 a. C., c. 450 a. C., c. 446 a. C. e c. 445 a. C. |
Lugar de nacemento | Atenas |
Falecemento | c. 386 a. C., 385 a. C. e post. 380 a. C. |
Lugar de falecemento | Atenas |
Nacionalidade | Antiga Atenas |
Ocupación | comediógrafo, dramaturgo e poeta |
Pai | Philippus |
Fillos | Araros |
Coñecido por | Os Acarnienses, Os aves, As nubes, As Mulheres na Assembleia, As ras, Os Cavaleiros, Lisístrata, A Paz, Pluto, As Tesmoforiantes e As Avespas |
Na rede | |
![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() | |
[ editar datos en Wikidata ] | |
TraxectoriaEditar
Sonnos descoñecidos o lugar e a data do seu nacemento, mais posiblemente se educou en Atenas. Vivía no lugar de Kudathenaium. É famoso por ter escrito comedias como As aves para festas atenienses: as Grandes dionisíacas e a Lenea. En total escribiu corenta obras, once das cales chegaron ata nós, e que son os únicos exemplos superviventes da Comedia ática antiga. Moitas destas pezas tratan temas políticos. Adoitaban ser sátiras dos cidadáns máis famosos de Atenas ou a súa conduta na Guerra do Peloponeso. Foi acusado diversas veces de difamación. Unha comedia famosa, As ras, recibiu a honra insólita de ser repetida, e segundo un biógrafo posterior, foi premiada cunha coroa cívica.
Aristófanes aparece na obra O banquete de Platón, expondo unha explicación mitolóxica cómica da orixe do amor. Nubes, unha produción desastrosa que acabou nun humillante último posto nunha festa Dionisíaca, satiriza o novo ensino da sofística, tan de moda entre a aristocracia do momento; Sócrates será a vítima satirizada, aparecendo como un sofista. Lisístrata foi escrita durante a guerra con Esparta, e presenta o pacifismo de forma cómica: as mulleres de ambas as cidades deixan de ter sexo cos seus maridos ata que abandonen a loita.
Véxase taménEditar
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Aristófanes |
A Galicitas posúe citas sobre: Aristófanes |
BibliografíaEditar
Por favor, axuda na mellora deste artigo ou sección ampliando a información que achega. Se cadra, podes atopar máis información na páxina de conversa. |
- "Aristófanes". Diciopedia do século 21 1. Do Cumio, Galaxia e do Castro. 2006. p. 190. ISBN 978-84-8288-942-9.
Ligazóns externasEditar
- "Aristófanes". Copia arquivada. Enciclopedia Microsoft Encarta (DVD) (en castelán). Microsoft Corporation. 2009. Arquivado dende o orixinal o 24/9/2009. Consultado o 24/9/2009.