Lisístrata
Lisístrata (en grego Λυσιστράτη) é unha comedia teatral escrita polo dramaturgo da Grecia clásica Aristófanes.
Ademais do seu valor literario, a obra ten un grande interese histórico, xa que grazas a elas pódese coñecer a vida cotiá dos atenienses. O autor protestou con frecuencia contra a guerra do Peloponeso. En Lisístrata, Os acarnienses e A paz defendeu as solucións pacíficas contra os demagogos que impulsaban ó pobo á guerra.
Argumento
editarLisístrata (cuxo nome significa "a que disolve os exércitos"), é a muller dun soldado ateniense, que cansa das continuas guerras entre Atenas, Esparta e outras polis gregas, reúne ás mulleres de ámbolos dous bandos e proponlles iniciar unha folga de tipo sexual. A idea non gusta en principio, pero logra convencer a tódalas mulleres da Polis para que non copulen cos seus esposos ata que se chegue a un acordo de paz. Ó final da obra, os homes, faltos de sexo, deciden deixar de loitar, firman a paz e poñen fin á folga de pernas cruzadas das súas mulleres.
Personaxes
editar- Mulleres: Lisístrata; Cleónica (Kalonike); Mirrina; Lampitó; Coro de vellas; outras.
- Coro de vellos.
- Conselleiro.
- Cinesias.
- Neno de Cinesias.
- Heraldo Espartano.
- Prítanis.
- Espartano.
- Ateniense.
Repercusión
editarLisístrata converteuse nun símbolo do esforzo organizado e pacífico en favor da paz. É por isto que se usou o nome para o Lysistrata project (Proxecto Lisístrata), un acto teatral levado a cabo o luns 3 de marzo de 2003 de maneira simultánea en máis de 42 países a favor da paz. Ese día miles de persoas participaron en aproximadamente 700 lecturas dramatizadas da obra, que se realizaron a beneficio de organizacións sen ánimo de lucro que traballan pola paz e que ofrecen axuda humanitaria.
Foi adaptada a cómic en 1987 por Ralf König baixo o título de Lysistrata, e levada ó cine en 2002 por Francesc Bellmunt baixo o título de Lisístrata.
Véxase tamén
editarLigazóns externas
editar- Comedias de Aristófanes (en castelán)
- Fragmento de Lisístrata, con ilustracións de Aubrey Beardsley (en castelán)
- Lisístrata no Proxecto Gutenberg (en castelán)