Ralf König, nado en Soest o 8 de agosto de 1960, é un autor alemán de banda deseñada, e o máximo expoñente internacional da banda deseñada de temática gai.

Modelo:BiografíaRalf König

(2012) Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacemento8 de agosto de 1960 Editar o valor en Wikidata (64 anos)
Soest, Alemaña Editar o valor en Wikidata
EducaciónKunstakademie Düsseldorf (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupaciónescritor, guionista, activista LGBT Editar o valor en Wikidata
Membro de
Premios

Descrito pola fonteObálky knih, Editar o valor en Wikidata
Páxina webralf-koenig.de Editar o valor en Wikidata
IMDB: nm0477910 Allocine: 199696 Allmovie: p710037
BNE: XX1013224 Musicbrainz: 6a3465ab-a2ec-4559-97ee-a73b1889819d Editar o valor en Wikidata

Traxectoria

editar

Naceu nunha familia obreira do rural da República Federal Alemá. Estudou nun centro de formación profesional, comezou a traballar como aprendiz de soldador. En 1979 saíu do armario e comezou a escribir pequenas historias de banda deseñada para o fancine underground Zomix e o xornal gai Rosa Flieder, os dous en Múnic.

Entre 1981 e 1986 regresou aos estudos, cursando Belas Artes na Academia de Belas Artes de Düsseldorf. En 1981 tamén comezou a publicar álbums de seu, co seu primeiro título Sarius, que foi editado pola Rosa Winkel de Berlín. En 1987 publica o primeiro álbum con historia completa e longa, a primeira novela gráfica, co título de Kondom des Grauens.

Está traducido a uns 14 idiomas, e os seus álbums teñen acadado a cifra de 5 millóns de exemplares. Foi levado ao cine en catro ocasións.

Estilo

editar

A súa banda deseñada caracterízase por unha busca constante do humor, reproducindo situacións cómicas que lle suceden aos personaxes das comunidades gai-lésbicas de Alemaña: os seus personaxes, que se moven fundamentalmente en relación a estereotipos sexuais e físicos, teñen continuidade a través dalgunhas obras, incluso naquelas como Lysistrata ou Jago onde realiza digresións históricas á Grecia clásica ou á Inglaterra de Shakespeare.

O seu deseño é claro e fundamentalmente en branco e negro, con predominio das liñas sobre as masas. O resultado son debuxos que se achegan á caricatura de carácter cómico e grotesco.

Malia o seu ton humorístico ten tocado a miúdo temas serios, relacionados coa saída do armario, a homofobia ou a reacción cultural producida como consecuencia da sida.

Álbums

editar
  • Sarius, 1981
  • Das sensationelle Comic-Book, 1981
  • SchwulComix, 1981
  • SchwulComix 2, 1984
  • Macho Comix, 1984
  • SchwulComix 3, 1985
  • SchwulComix 4, 1986
  • Kondom des Grauens, 1987
  • Der bewegte Mann, 1987
  • Lysistrata, 1987
  • Pretty Baby, 1988 (continuación de Der bewegte Mann)
  • Comics, Cartoons, Critzeleien, 1988
  • Safere Zeiten, 1988
  • Beach Boys, 1989
  • Prall aus dem Leben, 1989
  • Bis auf die Knochen, 1990 (continuación de Kondom des Grauens)
  • Heiße Herzen, 1990 (con Detlev Meyer)
  • Zitronenröllchen, 1990
  • Schwulxx-Comix, 1990 (con Walter Moers)
  • Deutsche Tuntenpost, 1991
  • Bullenklöten!, 1992
  • ...und das mit links!, 1993
  • Konrad und Paul, 1993
  • Konrad und Paul 2, 1994
  • Konrad und Paul 3, 1997
  • Jago, 1998
  • Superparadise, 1999 (continuación de Bullenklöten)
  • Poppers! Rimming! Tittentrimm!, 2001
  • Wie die Karnickel, 2002
  • Sie dürfen sich jetzt küssen, 2003 (terceira parte de Bullenklöten)
  • Suck my duck, 2004
  • Roy und Al, 2004
  • Dschinn Dschinn: Der Zauber des Schabbar, 2005
  • Dschinn Dschinn 2: Schleierzwang im Sündenpful, 2006

Filmes

editar
  • Der bewegte Mann, 1994
  • Kondom des Grauens, 1996 (guión de Ralf König)
  • Wie die Karnickel, 2002 (guión de Ralf König)
  • Lisístrata, España 2002 (baseada en Lysistrata)

Premios

editar
  • Premio Joop Klepzeiker, 1988
  • Mellor debuxante de banda deseñada alemán, Grenoble, 1990
  • Premio Max e Moritz, 1992
  • Mellor debuxante de banda deseñada internacional, Barcelona, 1992
  • Bundesfilmpreis polo filme O home desexado, 1995
  • Goldene Leinwand mit Sternchen polo filme O home desexado, 1995
  • Goldener RIK, Colonia, 2002
  • Zivilcourage-Preis des Berliner CSD, Berlin, 2004
  • Prix Alph’Art, Angoulême, 2005
  • Premio miglior storia lunga, 2005
  • Premio Max e Moritz, 2006

Véxase tamén

editar

Ligazóns externas

editar