Pilar Pereira
Pilar Pereira Carballo, nada en Santiago de Compostela o 4 de xullo de 1937 e finada o 7 de febreiro de 2020,[1] foi unha actriz galega.
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 4 de xullo de 1937 ![]() Santiago de Compostela, España ![]() |
Morte | 7 de febreiro de 2020 ![]() |
Actividade | |
Ocupación | actriz de teatro, dramaturga, actriz de televisión, director teatral ![]() |
Familia | |
Fillos | Camila Bossa ![]() |
Descrito pola fonte | Gran Enciclopedia Galega Silverio Cañada ![]() |
![]() ![]() |
Traxectoria
editarTraballou na Cadena SER de Santiago en 1953. Nos anos cincuenta participou en montaxes teatrais con textos contemporáneos de Tennessee Williams, Samuel Beckett e Eugene O'Neill. En 1958 participou na Antígona de Jean Anouilh, a primeira obra en galego do Teatro Español Universitario de Santiago. Despois participou en Os homes poden ser deuses, de Gallego Tato. Nos anos sesenta trasladouse a Madrid para traballar con diferentes compañías e finalmente entrou no grupo independente Los Goliardos, co que levou a escena Ceremonia por un negro asesinado, de Fernando Arrabal. O grupo viaxou a Francia e Pilar quedou en París onde se uniu ao grupo La Carraca que tiña o teatro Les Trois Baudeux.[2] Nos anos noventa retornou a Galicia e participou en montaxes do Centro Dramático Galego, Teatro do Atlántico, Teatro do Morcego, Sarabela Teatro, Compañía Marías e Factoría Teatro. Creou unha compañía teatral co seu nome coa que realizou espectáculos escritos por ela mesma como Un lunar vermello con pinguiñas azuis, dirixida por Quico Cadaval.
Filmes
editarTelevisión
editarGalardóns e nomeamentos
editarPremio de Honra Marisa Soto da Asociación de Actores e Actrices de Galicia (2013).
Vida persoal
editarEra nai da actriz Camila Bossa.
Notas
editar- ↑ Falece a actriz Pilar Pereira
- ↑ "Quería saber quien era yo", La Voz de Galicia, Santiago, 14-4-1994, p. 43.