Fernando Arrabal

escritor e autor teatral español

Fernando Arrabal, nado en Melilla o 11 de agosto de 1932, é un escritor e autor teatral español ligado a Francia.

Modelo:BiografíaFernando Arrabal

Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacemento(es) Fernando Arrabal Terán Editar o valor en Wikidata
11 de agosto de 1932 Editar o valor en Wikidata (92 anos)
Melilla (Segunda República Española) Editar o valor en Wikidata
ResidenciaParís Editar o valor en Wikidata
EducaciónUniversidade de Barcelona Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupaciónguionista, poeta, novelista, escritor, dramaturgo, director de cinema, actor, pintor Editar o valor en Wikidata
Período de actividade1952 Editar o valor en Wikidata -
EmpregadorL'Express (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
Membro de
Xénero artísticoDramaturxia Editar o valor en Wikidata
Participou en
24 de xuño de 1977Documenta 6 Editar o valor en Wikidata
Obra
Obras destacables
Arquivos en
Premios

Descrito pola fonteObálky knih, Editar o valor en Wikidata
Páxina webarrabal.org Editar o valor en Wikidata
IMDB: nm0037130 Allocine: 7420 Allmovie: p80010
Twitter: arrabalf BNE: XX1719926 Discogs: 2882825 Editar o valor en Wikidata

Traxectoria

editar
 
Fernando Arrabal no festival de teatro ARENA der jungen Künste en 2008.

De neno sufriu a misteriosa desaparición do seu pai, condenado a morte e despois fuxido. A causa deste trauma, como escribiu Vicente Aleixandre, o coñecemento que achega Arrabal está tinguido dunha luz moral que está na materia mesma da súa arte. Aprendeu a ler e escribir en Ciudad Rodrigo (Salamanca). Ós dez anos recibiu o premio nacional de “superdotados”, e fixo os seus estudos universitarios en Madrid. Vive en Francia desde 1955. Con Alejandro Jodorowsky e Roland Topor fundou en 1963 o Grupo Pánico. É Trascendent Satrape (Pataphysique) do College de Pataphysique desde 1990.

Ten dirixido sete longametraxes, publicou catorce novelas, libros de poesías, varios ensaios e a súa famosa Carta al general Franco en vida do ditador. O seu teatro completo, editado en diferentes linguas, foi publicado en dous volumes de máis de dúas mil páxinas na Colección Clásicos de Espasa.

Premios

editar

Malia ser un dos escritores máis controvertidos do seu tempo,[Cómpre referencia] recibiu o aplauso internacional pola súa obra (Gran Premio de teatro da Academia Francesa, o Premio Nabokov de novela, o Espasa de Ensaio, o World Theater etc.) O Colexio de Patafísica distinguiuno co título de "Trascendente Sátrapa" (equivalente do Nobel para este Colexio). Foi finalista do Premio Cervantes 2001 co apoio de Camilo José Cela. O 14 de xullo de 2005 concedéronlle a Légion d`honneur.

Narrativa

editar

Coas súas novelas gañou o Premio Nadal e o Nabokov Internacional.

Obra poética

editar

Varios libros, algúns ilustrados por Pablo Picasso, Salvador Dalí, René Magritte etc., entre os que destacan:

  • Mis humildes paraísos
  • La piedra de la locura

Obra dramática

editar

Unha centena de obras de teatro publicadas en dezanove volumes:

  • El triciclo (1953)
  • Fando et Lis (1955)
  • Guernica (1959)
  • La Bicicleta del condenado (1959)
  • El Gran Ceremonial (1963)
  • El arquitecto y el emperador de Asiria (1966)
  • El Jardín de las delicias (1967)
  • El laberinto (1967)
  • Bestialidad erótica (1968)
  • El Cielo y la Mierda (1972)
  • El cementerio de automóviles (1959)
  • Jóvenes bárbaros de hoy
  • ...Y pusieron esposas a las flores
  • La tour de Babel
  • Inquisición
  • Carta de amor (como un suplicio chino)
  • La noche también es un sol
  • Jóvenes bárbaros de hoy
  • Delicias de la carne

Unha das súas obras dramáticas máis importantes é El arquitecto y el emperador de Asiria , unha obra pánica, escrita na segunda etapa da súa vida dramática.

Obra cinematográfica

editar

Fernando Arrabal realizou sete longametraxes como director:

  • Viva la muerte
  • Iré como un caballo loco
  • El árbol de Guernica
  • La Odisea del Pacífico
  • Cementerio de automóviles
  • ¡Adiós Babilonia!
  • Borges: una vita di poesía

Ensaios

editar
  • La dudosa luz del día
  • El Greco
  • Bobby Fischer: el rey maldito
  • Carta al Gral. Franco
  • 1984: Carta a Fidel Castro
  • Carta a Stalin
  • Un esclavo llamado Cervantes
  • Goya-Dalí
  • Echecs et mythes
  • Fêtes et défaites sur l'échiquier
  • Les échecs féériques et libertaires
  • Le frénétique du spasme (1991)
  • Houellebecq!

En lingua galega

editar

Os libros de Fernando Arrabal non foron aínda traducidos ao galego. Porén, si que foron representadas as súas obras:

Fernando Arrabal escribe desde hai trinta anos[cando?] a crónica do xadrez de L´Express; tódolos domingos os seus arrabalescos en El Mundo; a miúdo a tercera do ABC e de cando en vez unha opinión en El País.

Véxase tamén

editar

Ligazóns externas

editar