Leticia Dolera

actriz e directora de cine española

Leticia Dolera, nada en Barcelona o 23 de outubro de 1981, é unha actriz, guionista, directora de cine e escritora española.[1] Foi a gañadora do Festival de Series de Cannes en 2019 por Vida perfecta, da que foi actriz protagonista, creadora, directora e coguionista xunto a Manuel Burque, sendo a primeira española en obter este galardón por un audiovisual español.

Leticia Dolera
Leticia Dolera, XIV Premis Gaudí (2022).jpg
Nacemento23 de outubro de 1981
Lugar de nacementoBarcelona
NacionalidadeEspaña
Ocupacióndirectora de cine, guionista, actriz de teatro, actriz de cinema e actriz
PremiosSant Jordi Prize e Turia Awards
Na rede
IMDB: nm1206701 Allocine: 103931 Rottentomatoes: celebrity/leticia_dolera Allmovie: p372850 TCM: 1641861
Twitter: LeticiaDolera Instagram: leticiadoleraoficial Editar o valor em Wikidata
editar datos en Wikidata ]

É directora da longametraxe Requisitos para ser una persona normal —gañador de tres premios do Festival de Málaga en 2015 e tres nomeamentos nos Premios Goya en 2016—, das curtas "Lo siento, te quiero" —gañador no Fantastic Fest de 2010—, A ou B, Habitantes e Vuelta al mundo e das series de televisión Bloguera en construcción e Vida perfecta, gañadora do Festival de series de Cannes 2019 á mellor serie e á mellor interpretación feminina.

TraxectoriaEditar

Na súa faceta de actriz, foi a protagonista de [•REC]³: Génesis, El espejo, Prime time, Wendy placa 20957, Kënu, Violet ou Que te juegas?. Participou en series de televisión como Al salir de clase, Hospital Central, Los Serrano, Guante blanco, El barco, Cites, Bajo sospecha; en miniseries como Actrices, Atlánticas; en telefilmes, tales como Presuntos Implicados, Cuatro estaciones; e en películas como El otro lado de la cama, Semen, una historia de amor, panish Movie, De tu ventana a la mía, Holmes & Watson. Madrid Days, Los últimos días, Kamikaze, La novia, ou Verónica.

A súa traxectoria internacional inclúe papeis en películas como a holandesa "La mujer del emperador" de Julien Vrebos, a británica Imagining Argentina de Christopher Hampton, a estadounidense Un café en cualquier esquina de Ramin Bahrani, a italiana Imago Mortis de Stefano Bessoni, a miniserie francesa Petits meurtres en famille, a serie británica Mad Dogs, ou a miniserie estadounidense The Nightmare Worlds of H.G. Wells.

Apoia a industria da curtametraxe intervindo en títulos como Fábrica de muñecas, Para no dormir, Cucharada, Luna di miele, luna di sangue VII, Indirizzo, 6 x persona, Hazte extranjero, Hogar, hogar ou El palo.

 
Leticia Dolera na Seminci 2011

Naceu en Barcelona o 23 de outubro de 1981. Na súa formación destacan nomes como Eric Morris, con quen estudou interpretación en Los Ángeles, na escola de Juan Carlos Corazza e na de Nancy Tuñón. Tamén estudou canto con Susana Domènech, jazz con Karen Taft, danza clásica con Coco Comín e xogo e improvisación con Peter Gadish. Na actualidade reside en Madrid.

A súa traxectoria profesional comezou na serie Al salir de clase, na que interpretou o papel de Ángela entre 2000 e 2002. A partir de aí comezou a súa carreira cinematográfica na que destacan títulos como El otro lado de la cama (2002); Imagining Argentina (2002); Semen, una historia de amor (2005) ou Un café en cualquier esquina (2005), película estadounidense dirixida por Ramin Bahrani que tivo tres nomeamentos aos Independent Spirit Awards. Tamén continuou intervindo en series de televisión, entre elas Los Serrano, Hospital Central ou Guante blanco.

En 2015 escribiu, dirixiu e protagonizou a súa primeira película xunto ao actor e guionista Manuel Burque, titulada Requisitos para ser una persona normal. A película gañou no Festival de Málaga os premios a mellor guión novel, fotografía e montaxe.[2] Foi finalista dos premios Goya 2016 con tres nomeamentos: mellor actor revelación para Manuel Burque, mellor dirección novel para Dolera e mellor montaxe.[3]

 
Leticia Dolera en Madrid en 2016
 
Leticia Dolera nos Premios Goya 2018

En febreiro de 2018 publicou Morder la manzana. La revolución será feminista o no será. (editorial Planeta). É o libro -declara a autora- que a ela lle gustaría ler cando era adolescente. Trátase dun texto moi persoal onde, a través de vivencias persoais, reflexións e repaso da historia do feminismo, transmite a importancia de rebelarse contra o sistema patriarcal.[4][5]

En 2018 presentou na A Ser o programa Tramas Mestras, xunto a Pilar de Francisco e Henar Álvarez, dentro da programación estival da cadea do Grupo PRISA.[6] En setembro de 2018 foi a encargada de realizar o pregón das Festas da Mercè de Barcelona, cun discurso no que reivindicou valores como o respecto e a convivencia, defendeu unha visión feminista da cidade e reivindicou o teatro e o cine comprometido.[7][8] Dolera quixo compartir o pregón coa activista social de orixe hondureño, Carmen Juares, quen denunciou na súa intervención a explotación laboral que sofren as mulleres inmigrantes traballadoras do fogar e dos coidados.[9]

En outubro de 2019 estreouse en Movistar+ a serie Vida perfecta, protagonizada e dirixida por ela mesma.[10][11][12] Logrou dous premios en Canneseries en 2019, á mellor serie e á mellor interpretación feminina, que recaeu ex aequo nas tres protagonistas, Celia Freijeiro, Aixa Villagrán e a propia Dolera.[13][14]

FilmografíaEditar

CineEditar

Ano Filme Dirección
2019 ¿Qué te juegas? Inés de León
2017 Verónica Paco Plaza
2015 La novia Paula Ortiz
Requisitos para ser una persona normal Leticia Dolera
2013 Kamikaze Alex Pina
Los últimos días Alex e David Pastor
2012 Holmes & Watson. Madrid Days José Luis Garci
REC 3: Génesis Paco Plaza
De tu ventana a la mía Paula Ortiz
2011 Kenü Arancha Álvarez
2009 Spanish Movie Javier Ruiz Caldera
Wendy placa 20957 Mireia Ros
2008 Prime Time Luis Calvo Ramos
Imago Mortis Stefano Bessoni
2007 Presumptes implicats Enric Folch
2005 Un café en cualquier esquina Ramin Bahrani
Semen, una historia de amor Daniela Fejerman e Inés París
2003 Imagining Argentina Christopher Hampton
The Emperor's Wife Julien Vrebos
Besos de gato Rafael Alcázar
2002 El otro lado de la cama Emilio Martínez Lázaro
2001 Bellas Durmientes Eloy Lozano

TelevisiónEditar

Ano Serie Canle Papel Notas
2000 - 2002 Al salir de clase Telecinco Ángela Illera 389 episodios
2002 El comisario Telecinco Inés 2 episodios
2004 Hospital Central Telecinco Miriam Canalda 7 episodios
2005 Los Serrano Telecinco Ruth Castell Capdevila 11 episodios
2006 Petits meurtres en famille France 2 Victoria/ Inès 4 episodios
2007 Presumptes implicats TV3 Estefanía Telefilm
Mà morta truca a la porta TV3 Pili Telefilm
2008 El espejo TV3 / TVG Sonia Telefilm
Guante blanco La 1 Rebeca Mendoza 8 episodios
2009 Wendy placa 20957 TV3 Wendy Telefilm
2010 Cuatro estaciones Canal Nou / TV3 / CMM Mariona Telefilm
2012 - 2013 Mad Dogs Sky 1 Carmen 6 episodios
2013 Inquilinos YouTube Leocracia 1 episodio
El barco Antena 3 Marimar 3 episodios
Bloguera en construcción Flooxer Natalia 8 episodios
2014 Penny Dreadful Showtime Dama na sesión de espiritismo 1 episodio
2015 The Trials of Jimmy Rose ITV María Rose 3 episodios
Cites TV3 Anna 1 episodio
2016 Bajo sospecha Antena 3 Catherine Le Monnier 5 episodios
The Nightmare Worlds of H. G. Wells Sky Arts St Catherine 1 episodio
2017 Las Supernenas Boing Cristal (Voz) 7 episodios
2018 Paquita Salas Netflix Ela mesma 1 episodio
2019 - presente Vida perfecta #0 María Aguado, tamén creadora e directora 14 episodios
2020 La casa de las flores Netflix Testemuña de voda 1 episodio
En casa HBO España 1 episodio

TeatroEditar

Obra
Las alegres comadres de Windsor

CurtametraxeEditar

Curtametraxe
Luna de miele, Luna di sangue VII de Paco Plaza (2010)[15]
Cucharada de Alejandro Marzoa (2010)
La amenaza del fantasma
Pum pum, ¿quién es?
Habitaciones separadas
La bufanda verde
3X2 (directora)
Habitantes (directora)
Lo siento, te quiero (directora)
A o B (directora)
Keane - Disconnected (video oficial) de J.A. Bayona e Sergio G. Sánchez (2012)

VideoclipsEditar

Ano Canción Artista
2016 Tejados de amor[16] Ultraplayback

RecoñecementosEditar

Premios e candidaturasEditar

Premios Sant Jordi[17]

Ano Categoría Película Resultado
2012 Mellor actriz española REC 3: Génesis
De tu ventana a la mía
Gañadora

Premios Turia

Ano Categoría Película Resultado
2013 Mellor actriz REC 3: Génesis Gañadora

Festival de Málaga

Ano Categoría Película Resultado
2015 Mellor guionista novel Requisitos para ser una persona normal Gañadora
Festival Internacional de Cine de Huesca[18]
Ano Premio Resultado
2017 Premio Ciudad de Huesca Gañadora

Premios Goya

Ano Categoría Película Resultado
2016 Mellor directora novel Requisitos para ser una persona normal Candidata

Círculo de Escritores Cinematográficos[19]

Ano Categoría Película Resultado
2015 Mellor director revelación Requisitos para ser una persona normal Candidata

Unión de Actores

Ano Categoría Película Resultado
2014 Mellor actriz Violet Candidata


NotasEditar

  1. Sancho, X. (2018). "Me molesta lo de las damas primero". El País, jueves, agosto 30, p. 40, sección Conversaciones a la Contra. (Consultado martes, 7 de enero del 2020)
  2. "Palmarés del 18 Festival de Málaga. Cine Español". 25 de abril de 2015. Consultado o 7 de febreiro de 2016. 
  3. "Goya 2016". Consultado o 9 de agosto de 2017. 
  4. SER, Cadena (27 de febreiro de 2018). "Leticia Dolera: "Se nos llama putas si gozamos de nuestra sexualidad o monjas cuando decimos no"". Hoy por hoy (en castelán). Arquivado dende o orixinal o 27 de febreiro de 2018. Consultado o 27 de febreiro de 2018. 
  5. "'Morder la manzana', el libro feminista de Leticia Dolera que grita contra el patriarcado y el machismo". laSexta.com (en castelán). Consultado o 27 de febreiro de 2018. 
  6. "Leticia Dolera estrena 'Tramas maestras' dentro de la programación de verano de la Cadena SER". Cadena SER. 8 de junio de 2018. Consultado o 9 de julio de 2018. 
  7. "Mercè 2018: El pregón feminista de Leticia Dolera y Carmen Juares". 21 de setembro de 2018. Consultado o 27 de agosto de 2019. 
  8. Piñol, Àngels (23 de setembro de 2018). "La actriz Leticia Dolera pide a Barcelona que abra los ojos". El País. ISSN 1134-6582. Consultado o 1 de agosto de 2018. 
  9. "La actriz Leticia Dolera y la trabajadora migrante Carmen Juárez comparten pregón de la Mercé para reivindicar "la Barcelona invisibilizada y feminista"". eldiario.es. 21 de setembro de 2018. Consultado o 27 de agosto de 2019. 
  10. Fernández-Santos, Elsa (18 de outubro de 2019). "Crítica | ‘Vida perfecta’, de Leticia Dolera: Feminismo para principiantes". El País (en castelán). ISSN 1134-6582. Consultado o 21 de outubro de 2019. 
  11. Belinchón, Gregorio (23 de setembro de 2019). "“Es curioso cómo ansiamos lo que no tenemos”". El País (en castelán). ISSN 1134-6582. Consultado o 26 de outubro de 2019. 
  12. Salazar, Octavio (25 de outubro de 2019). "Querer no siempre es poder". El País (en castelán). ISSN 1134-6582. Consultado o 26 de outubro de 2019. 
  13. "Leticia Dolera, sobre 'Vida perfecta': "Claro que hay sexo; a las mujeres el placer también nos atraviesa"" (en castelán). 18 de outubro de 2019. Consultado o 26 de outubro de 2019. 
  14. "Leticia Dolera celebra por todo lo alto el estreno de su serie "Vida Perfecta" - Hola, 21 de outubro de 2019". 
  15. http://www.youtube.com/watch?v=mumvY0j0nwE
  16. http://www.youtube.com/watch?v=zFr6v4W5Ao8
  17. Leticia Dolera fañou o Premio Sant Jordi á mellor actriz por 'REC 3: Génesis', de Paco Plaza, e 'De tu ventana a la mía', de Paula Ortiz
  18. "Leticia Dolera, premio Ciudad de Huesca, defiende fervientemente el papel de la mujer". www.radiohuesca.com. Consultado o 1 de xullo de 2017. 
  19. "Nominaciones a los premios de la crítica. 72 edición de las medallas CEC". Círculo de Escritores Cinematográficos. Consultado o 6 de xaneiro de 2018.