Celia Freijeiro
Celia Freijeiro García, nada en Vigo o 9 de febreiro de 1983, é unha actriz e produtora galega.
(2015) | |
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 8 de febreiro de 1983 (41 anos) Vigo, España |
Educación | Institut Miquel Crusafont i Pairó |
Actividade | |
Ocupación | actriz, actriz de cinema, actriz de televisión, produtora de televisión, produtora, produtor de teatro, produtora delegada |
Período de actividade | 2005 - |
Sitio web | celiafreijeiro.com |
Traxectoria
editarIniciou os estudos secundarios no IES Santo Tomé de Freixeiro, onde se iniciou como actriz no grupo teatral. No 2001 marchou aos EUA a estudar o bacharelato e a proba de acceso á universidade. Tras regresar a Galicia no 2004, marchou a Madrid a comezar a formación teatral no Centro Dramático Nacional. Traballou con numerosos ilustres do cine, teatro e televisión e rodou en diversos países e cidades do Canadá, Estados Unidos e Italia.
Leva facendo teatro dende o 2002 e ten participado en numerosas series de televisión, sendo unha das protagonistas de Amistades peligrosas (Cuatro) e varias películas, destacando Días azuis. Figurou como xurado na primeira edición do concurso nacional de teatro breve Cervantes.
En 2007 fundou a súa propia produtora, PocaPena Producciones. Celia xa producira no 2005 a obra de Paloma Pedrero El Color de Agosto. Entre as producións teatrais de Pocapena atópanse La Música de Marguerite Duras e Palabra de Perro de Juan Mayorga. Actualmente Pocapena iníciase no mundo do management artístico co pintor Rafael Freijeiro, pai da actriz.
Televisión
editar- 2 de Mayo (Telemadrid).
- Maridos e mulleres (TVG).
- El Comisario (Telecinco) capitular
- Hospital Central (Telecinco) capitular
- Amistades peligrosas (Cuatro).
- Chica busca chica (Terra Televisión).
- El Jugador (TVE).
- Pelotas (TVE).
- Homicidios (Telecinco).
- Bajo sospecha (2015). Antena 3.
Películas
editar- La playa de los ahogados (2014).
- Os aires difíciles (2006), de Gerardo Herrero.
- Días azuis (2006), de Miguel Santesmases.
- Woman on the falls (2009, curtametraxe), de Sonia Sebastián.
- Todo é silencio (2011), de José Luis Cuerda.
Teatro
editar- El color de agosto, de Paloma Pedrero (2006). Dirixida por Marta Álvarez; protagonizada e producida por ela.
- La música, de Margueritte Duras (2008). Dirixida por Marta Álvarez; protagonizada e producida por ela. (Pocapena Producciones).
- El León en invierno, de James Goldman. Dirixida por Juan Carlos Perez de la Fuente.
- El Dulce Peso de la Decadencia, de Garrigues Walker. Dirixida por Juan Carlos Perez de la Fuente.
- Noches de Monólogos, de Adan Black. Dirixida por Alan Black.
- El Imaginario de Cervantes, de Sonia Sebastián, baseada nos personaxes de Miguel de Cervantes. Dirixida por Sonia Sebastián. Cámara Cervantes/ Pocapena Producciones.
- Sopa de Colibrí, de Ariel Capone. Dirixida por Sonia Sebastián. Teatro de Cámara Cervantes. (Microteatro Por Dinero).
Galardóns e nomeamentos
editarAno | Categoría | Filme | Resultado |
---|---|---|---|
2012 | Mellor actriz | Todo é silencio | Nomeada |