Jordi Rebellón

actor español

Jordi Rebellón López, nado en Barcelona o 15 de febreiro de 1957 e finado en Madrid o 8 de setembro de 2021, foi un actor catalán, coñecido especialmente polo seu papel de Rodolfo Vilches en Hospital Central.

Infotaula de personaJordi Rebellón

(2015) Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacemento(es) Jordi Rebellón López Editar o valor en Wikidata
15 de febreiro de 1957 Editar o valor en Wikidata
Barcelona, España Editar o valor en Wikidata
Morte8 de setembro de 2021 Editar o valor en Wikidata (64 anos)
Madrid, España Editar o valor en Wikidata
Causa da morteictus Editar o valor en Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeEspaña Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupaciónactor de cinema , actor de teatro , actor de televisión Editar o valor en Wikidata
LinguaLingua catalá e lingua castelá Editar o valor en Wikidata

IMDB: nm0714273 Facebook: Jordi-Rebellón-1547600835512076 Twitter: JordiRebellon_ Instagram: jordirebellon_ BNE: XX1697836 Editar o valor en Wikidata

Traxectoria

editar

Recibiu formación como actor na Escola de Actores de Barcelona. Comezou tarde a súa carreira interpretativa, e antes traballara nun banco. Malia isto, ten unha extensa traxectoria tanto en cine coma en teatro á marxe da televisión, onde tamén tivo un papel fixo nas últimas temporadas de Médico de familia. Acadou sona grazas ó seu papel na exitosa serie de Telecinco Hospital Central interpretando ao doutor Rodolfo Vilches, que participou en máis de 200 capítulos.

En cine cabe salientar a súa participación en películas coma Todo Falso (Raimon Masllorens, 1993), Adiós Tiburón (Carlos Suárez, 1996), ou, máis recentemente, GAL (Miguel Courtois, 2006).

Ademais, traballou detrás das cámaras como guionista, axudante de dirección ou coordinador de espectáculos teatrais.

Recibiu formación de canto, baile e voz, ademais da interpretativa.

Televisión

editar

Teatro

editar
  • Quan Spidoux S'adorm
  • Don Joan Moliere
  • L’hostal de la Gloria
  • Taxi a l'Apolo
  • La filla de la mar
  • Miles gloriosus
  • El barbero de Sevilla
  • Aquí no paga nadie (2005)

Outros

editar

Premios

editar

Véxase tamén

editar

Ligazóns externas

editar