Fiorella Faltoyano
María Blanca Fiorella Renzi Gil, coñecida como Fiorella Faltoyano, nada en Málaga o 19 de outubro de 1949, é unha actriz española de orixe galega.
![]() (2011) ![]() | |
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 19 de outubro de 1949 ![]() Málaga, España ![]() |
Actividade | |
Ocupación | actriz, actriz de cinema ![]() |
Período de actividade | 1966 ![]() |
Familia | |
Cónxuxe | José Luis Tafur ![]() |
Parella | Fernando Méndez-Leite ![]() |
Pai | Ramón Pardo Arias ![]() |
![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() |
Traxectoria
editarOrixe familiar
editarCando naceu Fiorella Faltoyano coñeceu unicamente a súa nai, María Asunción Gil Paradela (1921-2007), filla á súa vez do político católico afincado en Monforte de Lemos, Andrés Gil Municio (falecido en 1957[1]). Quen lle deu o apelido Renzi foi o italiano Giovanni Renzi, que casou daquela coa nai, mentres que o nome artístico llo deu a parella posterior da súa nai, o empresario malagueño Constantino Faltoyano, e que foi tamén o pai dos seus dous medio-irmáns, Mauricio e Constantino, tamén empresarios.
O nome do pai non se soubo ata o ano 2012, cando unhas probas de ADN sinalaron a quen fora alcalde de Pantón, Ramón Pardo Arias, falecido en 1998. Pardo Arias e Gil Paradela foran mozos durante varios anos, pero ao pouco de quedar embarazada a nai de Fiorella Faltoyano separáronse para sempre[2][3][4].
Carreira artística
editarDe nena viviu en Málaga e en Madrid. Cursou estudos dramáticos e en 1967 debutou coa compañía teatral de Nati Mistral. Case ao mesmo tempo aparece no filme Club de solteros, de Pedro Mario Herrero e acada popularidade como actriz nos programas de teatro en televisión Hora once, Teatro de siempre, Estudio 1 ou Novela e como presentadora do espectáculo ¡Señoras y señores!, na versión realizada por José María Quero en 1974-75.
En 1977 logra o seu maior éxito cinematográfico como protagonista de Asignatura pendiente, de José Luis Garci, xunto a José Sacristán. Con Garci e Sacristán repite en Solos en la madrugada (1978) e en Canción de cuna (1994). Roda outras películas, entre elas La colmena (1982) e Después del sueño (1992), de Mario Camus; ¡Biba la banda! (Ricardo Palacios, 1987); La sombra del ciprés es alargada (Luis Alcoriza, 1990) e La sal de la vida (Eugenio Martín, 1996).
Paralelamente potenciou a súa carreira televisiva, ao participar en La máscara negra (1982), Tango (1991), La Regenta (1995), Hermanos de leche (1994-95), Cuéntame cómo pasó (2003-04), Obsesión (2005), Hospital Central (2006), Alfonso, el príncipe maldito (2010) ou Amar en tiempos revueltos (2011).
Para o teatro protagonizou Ellas, la extraña pareja (2001-02), La calumnia (2004-07), Agnes de Dios (2007-09) e Galdosiana (2009-10), obras en que compartiu cartel e labores de produción coa actriz Cristina Higueras a través da súa compañía Nueva Comedia.[5]
Obra
editarFilmografía
editar- El Síndrome Martins (1999), de Jaime Magdalena.
- La sal de la vida (1995), de Eugenio Martín.
- Canción de cuna (1994), de José Luis Garci.
- Tocando fondo (1993), de José Luis Cuerda.
- Después del sueño (1992), de Mario Camus.
- La sombra del ciprés es alargada (1990), de Luis Alcoriza.
- Galego, (1987) de Manuel Octavio Gómez.
- ¡Biba la banda! (1987), de Ricardo Palacios.
- A la pálida luz de la luna (1985), de José María González-Sinde.
- Café, coca y puro (1984), de Antonio del Real.
- La colmena (1982), de Mario Camus.
- Cristóbal Colón, de oficio... descubridor (1982), de Mariano Ozores.
- La campanada (1979), de Jaime Camino.
- Solos en la madrugada (1978), de José Luis Garci.
- Asignatura pendiente (1977), de José Luis Garci.
- Colorín colorado (1976), de José Luis García Sánchez.
- Las panteras se comen a los ricos (1969), de Tito Fernández.
- Un día es un día (1968), de Francisco Prósper.
- Club de solteros (1967), de Pedro Mario Herrero.
Televisión
editar- Amar en tiempos revueltos (2011)
- Alfonso, el príncipe maldito (2010)
- 700 euros, diario secreto de una call girl (2008)
- Hospital Central (2006)
- Obsesión (2005)
- Cuéntame como pasó (2003-2004)
- La vida en el aire (1997)
- Hermanos de leche (1994-1995)
- La Regenta (1995), de Fernando Méndez-Leite.
- Tango (1991)
- ¡Señoras y señores! (1974-1975), de Valerio Lazarov.
- Ficciones
- El maleficio (4 de novembro de 1972)
- Visto para sentencia
- La segunda perla (16 de agosto de 1971)
- Sospecha
- La escalada de la Señora Stitch (1971)
- La paga del policía (1971)
- La tía de Ambrosio (1971)
- Teatro de misterio
- El sello de lacre (1970)
- Teatro de siempre
- Intriga y amor (1970)
- La tejedora de sueños (1970)
- Los recién casados (1970)
- Por la fuente, Juana (1970)
- El misántropo (1970)
- Los cuervos (1970)
- Madame Fimiani (1972)
- La risa española
- Tres piernas de mujer (1969)
- El premio
- Unos instantes (1968)
- Hora once
- La prueba de la fidelidad (1968)
- Cómo se casó Álvar Fáñez 1970)
- El viudo Lowell (1971)
- La falsa amante (1972)
- Doble error (1974)
- La pequeña comedia
- El anuncio (1968)
- Las doce caras de Juan
- Virgo (1967)
- Estudio 1
- Una doncella francesa (1966)
- El niño de los Parker (1968)
- Un paraguas bajo la lluvia (1969)
- Catalina de Aragón (1969)
- Los recién casados (1971)
- No habrá Guerra de Troya (1971)
- La enemiga (1971)
- Celos del aire (1971)
- Los milagros del desprecio (1972)
- Las flores (1973)
- El aprendiz de amante (1975)
- El alma se serena (1975)
- Hermenegildo Pérez, para servirle (1966)
- Historias para no dormir
- El asfalto (1966)
- El trasplante (1968)
- Tiempo y hora
- La casualidad (1966)
- Novela
- La rima (1966)
- Contraseña del alba (1966)
- El sistema Pelegrín (1966)
- Nosotros, los Rivero (1969)
- El diablo en la botella (1971)
- El casamiento (1971)
- El Conde Fernán González (1971)
- Luz y conciencia de Borja (1972)
- Humillados y ofendidos (1973)
- La feria de las vanidades (1973)
- Los Dombey (1976) Edith
- Pequeño teatro (1977)
- La duquesa de Langeais (1978)
Premios
editar- Medallas do Círculo de Escritores Cinematográficos
Año | Categoría | Película | Resultado |
---|---|---|---|
1994 | Mellor actriz | Canción de cuna | Gañadora |
Vida persoal
editarCasou co produtor cinematográfico José Luis Tafur Carande, de quen tivo un fillo. Logo de separarse del comezou unha nova relación sentimental co director de cine Fernando Méndez-Leite. Ten dúas netas[6].
Libros publicados
editar- Aprobé en Septiembre. Memorias de una conocida actriz y de una desconocida mujer. Editorial: La Esfera de los Libros. Ano: 2014.[7] ISBN 9788490600160
- El ojo de la cerradura. Historias inquientes. Editorial: Grupo Sar Alejandría. Ano: 2024. ISBN: 9788412441277.
Referencias
editar- ↑ Necrolóxica de Andrés Gil Municio en ABC, 27/10/1957.
- ↑ "La actriz Fiorella Faltoyano demuestra ser hija de un exalcalde de Pantón" El Progreso, 30/1/2012
- ↑ Redacción (26 de xaneiro de 2012). "Fiorella Faltoyano prueba ser hija de un exalcalde de Pantón". laregion.es (en castelán). Consultado o 15 de febreiro de 2025.
- ↑ Redacción (4 de febreiro de 2012). "«Necesitaba saber quién era mi padre»". abc.es (en castelán). Consultado o 15 de febreiro de 2025.
- ↑ "Web da produtora de Teatro Nueva Comedia". Arquivado dende o orixinal o 14 de xullo de 2012. Consultado o 06 de xaneiro de 2013.
- ↑ "Fiorella Faltoyano: "Mis nietas me vuelven loca, pero viven en Bermudas" Arquivado 23 de setembro de 2015 en Wayback Machine., Diez Minutos
- ↑ Agapea
Véxase tamén
editarLigazóns externas
editarWikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Fiorella Faltoyano |