Abrir o menú principal

Yohana Cobo, nada en Madrid o 12 de xaneiro de 1985, é unha actriz española.

Yohana Cobo
Yohana Cobo.jpg
Nacemento12 de xaneiro de 1985
LugarMadrid
NacionalidadeEspaña
Profesiónactriz e actriz de cinema
editar datos en Wikidata ]

TraxectoriaEditar

Pese á súa xuventude e de que salta á fama en 2006 a raíz do seu papel en Volver, ás ordes de Pedro Almodóvar, Yohana Cobo é unha actriz de grande experiencia. Comezou a traballar de nena, participando con papeis episódicos na maioría das series españolas dos 90. O seu primeiro fixo, aínda que secundario, foi en Hermanas, serie emitida por Telecinco en 1998, da que se rodaron dúas temporadas e na que traballou con actrices como Pilar Bardem, Ángela Molina, Chus Lampreave ou Anabel Alonso entre outras.

En cine, e previamente a Volver, destaca a súa participación en Sin noticias de Dios, ás ordes de Agustín Díaz Llanes en 2001, onde xa coincidira con Penélope Cruz, que interpreta á súa nai na cinta de Almodóvar. Tamén participou en La vida mancha (2003), de Enrique Urbizu, xunto a José Coronado ou en El séptimo día (2004), de Carlos Saura entre outras.

FilmografíaEditar

PremiosEditar

  • Festival de Cannes
  • 2006: Premio á mellor interpretación feminina (en conxunto co resto de actrices de Volver)
  • Premios do Círculo de Escritores Cinematográficos
  • 2006: Premio á mellor actriz revelación.

Véxase taménEditar

Ligazóns externasEditar