El bosque animado (filme)

filme de 1987 dirixido por José Luis Cuerda

El bosque animado é un filme de cinema español dirixido en 1987 por José Luis Cuerda. A película está baseada na novela homónima do galego Wenceslao Fernández Flórez. Foi rodado no concello de Sobrado.

O bosque animado
Ficha técnica
Título orixinalEl bosque animado
DirectorJosé Luis Cuerda
ProdutorEduardo Ducay
Emiliano Otegui
GuiónRafael Azcona, baseado na novela homónima de Wenceslao Fernández Flórez
IntérpretesAlfredo Landa
Tito Valverde
Alejandra Grepi
Miguel Rellán
Alicia Hermida
Amparo Baró
Fernando Rey
Manuel Alexandre
Encarna Paso
María Isbert
Antonio Gamero
Paca Gabaldón
Marisa Porcel
Mabel Rivera
Luis Ciges
MúsicaJosé Nieto
FotografíaJavier Aguirresarobe
MontaxeJuan Ignacio San Mateo
Estrea1987
Duración103 min
OrixeEspaña
XéneroDrama, comedia
Na rede
IMDB: tt0092693 Filmaffinity: 962541 Allocine: 31355 Allmovie: v176119 Editar o valor em Wikidata

Trama editar

O argumento da historia transcorre nun bosque fantástico dunha aldea galega do rural "naqueles anos nos que unha galiña custaba dúas pesetas e o bosque de Cecebre era máis extenso e máis frondoso". As personaxes da película: un bandido que intenta asaltar algo, un poceiro coxo, unha ánima en pena, unha muller farta da explotación laboral á que a súa tía somete e que decide buscarse a vida pola cidade, un meniño rebuldeiro cunha irmá tamén cativa que traballa máis que dorme, unhas solteironas da capital (Amparo Baró e Alicia Hermida) que foron á aldea para se relaxar, o cura, o garda civil e o señor do pazo chamado o D'Abondo.

Intérpretes editar

Palmarés cinematográfico editar

Foi galardoada con 5 Goyas.

II edición dos Premios Goya

Categoría Persoa Resultado
Mellor película Gañadora
Mellor actor protagonista Alfredo Landa Gañador
Mellor guión Rafael Azcona Gañador
Mellor música orixinal José Nieto Gañador
Mellor fotografía Javier Aguirresarobe Candidato
Mellor dirección artística Félix Murcia Candidato
Mellor deseño de vestiario Javier Artiñano Gañador
Mellor son Bernardo Menz
Enrique Molinero
Candidatos

Véxase tamén editar

Ligazóns externas editar