El Príncipe foi unha serie de televisión española de drama e suspense, creada por Aitor Gabilondo e César Benítez, para Telecinco. A serie, producida por Mediaset España en colaboración con Plano a Plano, relata unha historia de amor xurdida entre un axente de policía occidental peninsular e unha moza musulmá, irmá dun narcotraficante. A maior parte das súas tramas transcorren no conflitivo barrio de El Príncipe Alfonso de Ceuta, próximo á fronteira con Marrocos.

El Príncipe
Tiposerie de televisión Editar o valor en Wikidata
Xénero artísticoprocedemento policial e serie de televisión policíaca Editar o valor en Wikidata
Lingua orixinallingua castelá Editar o valor en Wikidata
Autoría
Director/aIgnacio Mercero (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
Publicación
País orixeEspaña Editar o valor en Wikidata
Compañía produtoraMediaset España Editar o valor en Wikidata
Emisora orixinalTelecinco Editar o valor en Wikidata
Datas
Comezo4 de febreiro de 2014 Editar o valor en Wikidata
Remate20 de abril de 2016 Editar o valor en Wikidata
Dimensións
Episodios31 Editar o valor en Wikidata
Tempadas2 Editar o valor en Wikidata
Ligazóns
Páxina WEBtelecinco.es… Editar o valor en Wikidata
RedesIMDB: tt2651246 Filmaffinity: 426419
Facebook: elprincipetv Twitter: elprincipe_tv Editar o valor en Wikidata
Wikidata ]

A serie estreouse o 4 de febreiro de 2014 en España cunha emisión multicanle que lle outorgou bos rexistros de audiencia en horario de prime time. No seu lanzamento obtivo un 21,9% de cota de pantalla (27,7% en multicanle) e foi líder en todas as súas emisións durante a primeira tempada. O último capítulo da primeira tempada foi visto por 6 290 000 espectadores, obtendo un 33,3% de cota de pantalla.[1] A serie finalizou definitivamente o 20 de abril de 2016.

Sinopse

editar

Na conflitiva barriada ceutí de El Príncipe, Fran (José Coronado), un veterano policía, non dubida en impoñer a orde recorrendo a métodos pouco ortodoxos. Isto parece perigar coa chegada de Morey (Álex González), un axente do CNI que usa a comisaría como tapadeira para investigar unha suposta colaboración da policía cunha rede xihadista. A súa situación complicarase coa chegada á súa vida de Fátima (Hiba Abouk), unha idealista profesora musulmá que trata de encontrar o seu irmán adolescente, Abdu (Samy Khalil), desaparecido hai algún tempo, e que se opón ás actividades delituosas do seu outro irmán, Faruq (Rubén Cortada), un dos maiores narcotraficantes do barrio.

Personaxes

editar

Véxase tamén

editar

Ligazóns externas

editar