Horario de máxima audiencia

(Redirección desde «Prime time»)

O horario de máxima audiencia, en inglés prime time (horario prioritario), é a franxa horaria na que se concentra o maior número de audiencia na televisión, aínda que tamén o termo se emprega noutros medios de comunicación como a radio. O horario de máxima audiencia adoita comezar ás 20.00 horas e remata arredor das 24.00, aínda que non hai un horario estabelecido e varía dependendo do país.

Distribución en Europa

Durante o horario de máxima audiencia emítense os programas principais ou de maior éxito, como series de televisión, filmes, programas de entrevistas etc. En consecuencia, esta franxa horaria é a máis codiciada e cara para a publicidade.

Galiza editar

En Galiza o horario de máxima audiencia comeza arredor das 20.00h[Cómpre referencia] na TVG coa emisión do Telexornal serán e nel emítense programas que mantiveron o éxito dende hai décadas, como Luar.