Velvet
Velvet é unha serie de televisión española producida por Atresmedia en colaboración con Bambú Producciones para a súa emisión en Antena 3. A súa estrea foi o 17 de febreiro de 2014. Está protagonizada por Paula Echevarría e Miguel Ángel Silvestre.
Sinopse
editarNa España de 1958 hai un lugar ao que todo o mundo desexaría ir de compras polo menos unha vez na vida: as 'Galerías Velvet'. Situadas na Gran Vía madrileña, entre as súas paredes encóntranse os traxes máis elegantes, sofisticados e caros do momento, pero sobre todo escóndese unha das máis marabillosas historias de amor que se contase xamais: a de Ana (Paula Echevarría) e Alberto (Miguel Ángel Silvestre).
Ela, unha humilde costureira que traballa nas galerías dende que era nena. El, un novo e aposto rapaz destinado a herdar o maxestoso imperio da moda española que ata agora goberna o seu pai, don Rafael Márquez (Tito Valverde).
Entre finas teas e vestidos de alta costura que evocan unha vida marabillosa, ambos os dous están dispostos a romper coas normas da época e vivir o seu amor máis alá do que pensen os demais e dos que traten de impedilo. Non obstante, o destino non lles poñerá o camiño nada doado para poder vivir xuntos o seu amor verdadeiro, que se converterá debido ás circunstancias nun amor prohibido...
Personaxes
editar- Paula Echevarría é Ana Ribera
- Miguel Ángel Silvestre é Alberto Márquez
- Aitana Sánchez-Gijón é Blanca Soto
- Manuela Velasco é Cristina Otegui
- Manuela Vellés é Luisa Rivas
- Marta Hazas é Clara Montesinos
- Maxi Iglesias é Maximiliano "Max" Expósito
- Javier Rey é Mateo Ruiz
- Cecilia Freire é Margarita "Rita" Montesinos
- Adrián Lastra é Pedro Infantes
- Miriam Giovanelli é Patricia Márquez
- Sara Rivero é Carmen Soto
- Natalia Millán é Gloria Campos
- José Sacristán é Emilio López
- Tito Valverde é Rafael Márquez
- Asier Etxeandia é Raúl de la Riva
- Juan Ribó é Francisco
- Pep Munné é Gerardo Otegui
- Cristina Plazas é Pilar Márquez
- Cristina de Inza é Doña Aurorita
- Armando del Río é Sergio Canals
- Diego Martín é Enrique Otegui
- Amaia Salamanca é Bárbara de Senillos
- Peter Vives é Carlos Álvarez
- Ángela Molina é Isabel Navarro
- Llorenç González é Jonás Infantes
- Juana Acosta é Sara Ortega
- Daniel Guzmán é Lucas Ruiz
- Silvia Marsó é Julia Lagasca
- Anna Briansó é Herminia Lagasca
- Marisa Lahoz é Sagrario Lagasca
- Juan Gea é Lorenzo Palacios
- Ginés García Millán é Esteban Márquez
- Kiti Mánver é Consuelo
- Eva Ugarte é Rosa María "Rosamari" Blázquez