Ramón Campos

guionista e produtor audiovisual español

Ramón Campos Sáez, nado en Noia en 1975, é un guionista e produtor audiovisual galego.

Ramón Campos
Nacemento1975
Lugar de nacementoNoia
NacionalidadeEspaña
Alma máterUniversidade de Navarra
Ocupaciónguionista, produtor de televisión e director de televisión
Na rede
IMDB: nm1202178 Editar o valor em Wikidata
editar datos en Wikidata ]

Traxectoria editar

Estudante de Comunicación audiovisual na Universidade de Navarra, iniciouse profesionalmente en teleseries da canle autonómica vasca ETB. Foi analista de guións para Continental Producciones. Despois de Galicia Exprés e Entre bateas colaborou durante tres anos con Filmanova (2000-2002).

Compaxinou o seu labor na escritura coa impartición de cursos de guión nos masters de produción audiovisual e de creación dixital da Universidade da Coruña. Coguionizou o telefilme "Diario dun skin" e no período 2004-07 dirixiu o departamento de desenvolvemento de Voz Audiovisual, onde creou series como A vida por diante e Padre Casares, e programas musicais como Son de estrelas e Buscando estrelas.

En 2007 é o produtor executivo da serie de TVE Desaparecida, e posteriormente funda xunto a Teresa Fernández Valdés a empresa Bambú Producciones. Na dirección desta compañía produce as series "Guante Blanco" e "Gran Reserva" tamén da TVE, "Hispania" para Antena 3 e os documentais Fraga y Fidel sin embargo, e American Greyhounds.

É tamén profesor na Universidade da Coruña.[1]

Notas editar

  1. "Ramón Campos, Gallego del Mes". www.elcorreogallego.es (en castelán). Consultado o 2023-05-03.