Ramón Campos Durán
Este artigo precisa de máis fontes ou referencias que aparezan nunha publicación acreditada que poidan verificar o seu contido, como libros ou outras publicacións especializadas no tema. Por favor, axude mellorando este artigo. (Desde decembro de 2019.) |
Ramón Campos Durán, nado na Estrada en 1930 e finado en Santiago de Compostela o 8 de decembro de 2019, foi un político galego. Foi alcalde da Estrada dende o ano 1992 ata o 2007.
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 1930 A Estrada, España |
Morte | 8 de decembro de 2019 (88/89 anos) Santiago de Compostela, España |
Alcalde da Estrada | |
1992 – 2007 ← Jesús Tallón Maceira – José Antonio Dono → | |
Actividade | |
Ocupación | político |
Traxectoria
editarFuncionario da Seguridade Social e empresario. Nos anos sesenta foi tenente de alcalde na corporacións que presidiu Mario Blanco Fuentes. Na democracia militou no Partido Popular ata as eleccións de 1991. Produciuse daquela unha división interna no grupo local do PPdeG, que deu como resultado que Elvira Fernández Díaz fose alcaldable polo PP e Ramón Campos organizase o seu propio partido chamado Agrupación Independiente de A Estrada. Tras as eleccións, Ramón Campos e a súa formación política formaron parte dun tripartito conxuntamente co PSdeG-PSOE e o BNG. Este tripartito durou menos dun ano, debido a que existiron negociacións entre o PP e a formación de Ramón Campos para acadar a alcaldía, que deron como resultado o abandono da política local de Elvira Fernández Díaz para converterse en senadora polo PP, namentres que Ramón Campos acadaría a alcaldía estradense mediante unha moción de censura en xuño de 1992, integrándose de novo no PP. Revalidaría a alcaldía con maioría absoluta nas seguintes eleccións de 1995, 1999 e 2003.
Chegado o 2007 anunciou a súa retirada da vida política, provocando a escisión do partido. Por unha banda Xosé Manuel Reboredo Baños, ex-concelleiro do PP que se uniu á CIDEGA (Cidadáns de Galicia). Por outra, a liña oficial do PP onde Ramón Campos non conseguiu impoñer no partido o seu delfín José Antonio Maceira Besteiro.[Cómpre referencia] Coa intervención de Xesús Palmou decidiron que o seu sucesor fose Miguel de la Calle Amaro.[Cómpre referencia] Naquel ano de 2007 Ramón Campos participou activamente dentro da campaña electoral local do PP e trala derrota electoral sufrida contra o PSdeG-PSOE cursou a baixa do partido.
Predecesor: Jesús Tallón Maceira |
Alcalde da Estrada 1992 - 2007 |
Sucesor: José Antonio Dono |