Abrir o menú principal

Mario Blanco Fuentes

mestre, avogado e político galego

Mario Blanco Fuentes, nado en Cuntis o 18 de setembro de 1917 e finado na Estrada o 21 de outubro do 2000, foi un mestre, avogado e político galego.

Mario Blanco Fuentes
Nacemento18 de setembro de 1917
 Cuntis
Falecemento21 de outubro de 2000
 A Estrada
NacionalidadeEspaña
Alma máterUniversidade de Santiago de Compostela
Ocupaciónmestre, avogado e político
FillosRoberto Blanco Valdés
editar datos en Wikidata ]

TraxectoriaEditar

Sobriño de Roberto Blanco Torres. Estudou o Bacharelato na Estrada. En 1937 incorporouse ao Exército durante a Guerra civil. O rematar a guerra fíxose mestre e exerceu en Orazo e Baloira. Licenciouse en Dereito na Universidade de Santiago de Compostela en 1948 e desenvolveu a súa actividade profesional como avogado na Estrada. Foi nomeado alcalde da Estrada o 1 de agosto de 1959 e cesou o 27 de febreiro de 1971. Foi deputado provincial entre 1960 e 1964.

É pai de Roberto Blanco Valdés.


Predecesor:
Jesús Durán Martínez
  
Alcalde da Estrada
 
1959 - 1971
Sucesor:
Jesús José Fernández-Novoa Rodríguez

Véxase taménEditar