Federico Luppi

actor arxentino

Federico Luppi, nado en Ramallo (Buenos Aires) o 23 de febreiro de 1936 e finado en Bos Aires o 20 de outubro de 2017, foi un actor arxentino, que contaba tamén coa nacionalidade española. Obtivo numerosos premios ao longo da súa extensa carreira como actor, entre os que se conta unha Cuncha de Prata ó mellor actor no Festival Internacional de Cine de Donostia.

Federico Luppi
Nome completoFederico José Luppi Malacalza
Nacemento23 de febreiro de 1936 e 23 de febreiro de 1934
LugarRamallo
Falecemento20 de outubro de 2017
LugarFundación Favaloro e Buenos Aires
Causahemorraxia cerebral
SoterradoMausoleum of the Argentine Association of Actors
NacionalidadeArxentina e España
Cónxuxe(s)Haydée Padilla
FillosGustavo Luppi
Profesiónactor, actor de cinema e director de cinema
Na rede
IMDB: nm0527002 Allocine: 10344 Allmovie: p43843 TCM: 117754
Discogs: 5323713 Editar o valor em Wikidata
editar datos en Wikidata ]

Traxectoria editar

Como moitos outros actores, pasou por diversos traballos antes de probar sorte no teatro. A súa primeira película foi Pajarito Gómez (1965), e a súa consagración cinematográfica (o xénero actoral no que tivo máis continuidade) produciuse grazas ao filme El romance del Aniceto y la Francisca. Logo de converterse nun dos actores arxentinos de maior prestixio nacional e internacional, decidiu radicarse en España no ano 2001, irado pola implantación do corralito.

En España participou de importantes realizacións, pero tamén traballou en series de televisión e mesmo foi o protagonista da obra El guía del Hermitage en 2008, logo de 10 anos sen efectuar traballos teatrais. Ademais probou sorte como director, coa película Pasos, de produción española.[1] Tras pasar por varias produtoras, a mesma rodouse en xaneiro/febreiro de 2004 e chegou aos cinemas en xuño de 2005. As actrices Ana Fernández e Susana Hornos alzáronse cos premios a Mellor Actriz no Festival Iberoamericano de Villaverde e a Actriz Revelación no Festival Cinespaña de Tolosa (Francia) respectivamente por esta película.

Filmografía selecta editar

Como actor editar

 
Federico Luppi no papel de Facón Grande en La Patagonia rebelde (1974).

Como director editar

Galardóns e nomeamentos editar

Premios Mestre Mateo editar

Ano Categoría Filme Resultado
2013 Mellor actor secundario Inevitable Nomeado

Notas editar

  1. "Cinema: vasquitos e nesquitas". Arquivado dende o orixinal o 08 de outubro de 2009. Consultado o 29 de maio de 2010. 

Véxase tamén editar

Ligazóns externas editar