Hemorraxia cerebral
Unha hemorraxia cerebral (tamén chamada hemorraxia intracerebral, ICH) é un subtipo de hemorraxia intracranial, que se produce no cerebro. Pode ser causado por un trauma cerebral ou espontaneamente pode ocorrer nun accidente.[1]
Hemorraxia cerebral | |
---|---|
Clasificación e recursos externos | |
Hemorraxia intracerebra | |
ICD-10 | 161 |
ICD-9 | 431 |
MeSH | D002543 |
Advertencia: A Wikipedia non dá consellos médicos. Se cre que pode requirir tratamento, por favor, consúltello ao médico. |
Unha hemorraxia cerebral é unha hemorraxia intra-axial, é dicir, que se produce dentro do tecido cerebral[1] e que non pasa fóra del. A outra categoría de hemorraxia intracranial son as hemorraxias extra-axiais, tales como os hematomas epidural, e subdural, e a hemorraxia subaracnoide, que ocorren dentro da cabeza, pero fora do tecido cerebral. Son unha seria urxencia médica porque poden incrementar a presión intracranial que si non se trata pode levar ao coma e a morte. A taxa de mortalidade destas hemorraxias intraparenquimais é do 40%.[2]
Signos e síntomas
editarAs áreas do cerebro afectadas pola hemorraxia son danadas e, se se acumula un volume suficiente de sangue no espazo extravascular, pódese provocar unha hipertensión intracranial; a contía da hemorraxia determina a gravidade deste accidente vasculocerebral agudo.
Xenericamente, os accidentes vasculares agudos que ocorren no cerebro son coñecidos xenericamente coa palabra latina ictus que significa golpe ou ataque súbito, e que en inglés se traduce por stroke (unha hemorraxia cerebral denomínase en inglés hemorrhagic stroke).
A palabra apoplexía, de orixe grega, designa en galego, e noutros idiomas, á abolición do funcionalismo cerebral (movemento, sensibilidade e conciencia) producida especialmente pola hemorraxia cerebral e pola embolia cerebral, que é o accidente que ocorre cando un vaso cerebral é bloqueado por un émbolo, nese caso o territorio irrigado pola arteria bloqueada queda desprovisto de sangue, converténdose de súbito nunha área isquémica.
En consecuencia, nos accidentes vasculocerebrales agudos convén distinguir fronte ao ictus hemorráxico ou hemorraxia cerebral (hemorrhagic stroke) o ictus isquémico (isquemic stroke) ou embolia cerebral. Como queira que a porción dun tecido do organismo privada de sangue polo bloqueo súbito dunha arteria coñécese xenericamente como infarto, a lesión que é consecuencia dunha embolia cerebral coñécese tamén como infarto cerebral.[1]
Factores de risco
editarOs factores de risco da hemorraxia cerebral son:[3]
- Hipertensión.
- Diabetes.
- Menopausa.
- Tabaquismo.
- Bebida alcohólica (≥2/día).
- Cafeína.
É dúas veces máis prevalente en afroamericanos que en pacientes caucasianos.[4]
Tratamento
editarO tratamento depende substancialmente do tipo de ICH. Un escaneo tomográfico e outras medidas de diagnóstico utilízanse para determinar o tratamento adecuado, o cal pode incluír á vez medicación e cirurxía.
Notas
editar- ↑ 1,0 1,1 1,2 Yadav YR, Mukerji G, Shenoy R, Basoor A, Jain G, Nelson A (2007). "Endoscopic management of hypertensive intraventricular haemorrhage with obstructive hydrocephalus". BMC Neurol 7: 1. PMC 1780056. PMID 17204141. doi:10.1186/1471-2377-7-1. (en inglés)
- ↑ Sanders MJ and McKenna K. 2001. Mosby’s Paramedic Textbook, 2nd revised Ed. Chapter 22, "Head and Facial Trauma." Mosby.
- ↑ Major Risk Factors for Intracerebral Hemorrhage in the Young Are Modifiable Edward Feldmann, MD; Joseph P. Broderick, MD; Walter N. Kernan, MD; Catherine M. Viscoli, PhD; Lawrence M. Brass, MD; Thomas Brott, MD; Lewis B. Morgenstern, MD; Janet Lee Wilterdink, MD Ralph I. Horwitz, MD. Published in Stroke. 2005;36:1881.(en inglés)
- ↑ Copenhaver BR, Hsia AW, Merino JG; et al. (outubro 2008). "Racial differences in microbleed prevalence in primary intracerebral hemorrhage". Neurology 71 (15): 1176–82. PMC 2676986. PMID 18838665. doi:10.1212/01.wnl.0000327524.16575.ca.
Véxase tamén
editarWikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Hemorraxia cerebral |