Luis Piedrahita

artista español

Luis Piedrahita Costa, nado na Coruña o 19 de febreiro de 1977, é un humorista, mago, guionista, director de cine e presentador de televisión galego.

Modelo:BiografíaLuis Piedrahita

Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacemento19 de febreiro de 1977 Editar o valor en Wikidata (47 anos)
A Coruña, España Editar o valor en Wikidata
EducaciónUniversidade de Navarra Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupacióndirector de cinema, guionista, card manipulation (en) Traducir Editar o valor en Wikidata

Sitio webluispiedrahita.com Editar o valor en Wikidata
IMDB: nm1618276 BNE: XX1739736 BUSC: piedrahita-luis-1977 Dialnet: 2699442 Editar o valor en Wikidata
Luis Piedrahita en 2008

Fíxose famoso polas súas aparicións en televisión e radio, sendo especialmente apreciado polos seus monólogos. É coñecido como "O rei das cousas pequenas", xa que en moitos dos seus monólogos critica o pouco respecto que os humanos mostran aos obxectos do día a día (retretes, vasoiras, ambientadores etc.).

Traxectoria

editar

Foi ao colexio concertado xesuíta Santa María do Mar. Desde novo afeccionouse á maxia e gañou dous premios: o segundo premio de Micromaxia no congreso de Valongo (Portugal, 1998) e o Campionato de España en Micromaxia en 1999. Coñecido como "O rei das cousas pequenas", Luis Piedrahita gañou o I Certame de Monólogos de El club de la comedia, tras o cal fíxose guionista e actor fixo no devandito programa.

Estudou Comunicación Audiovisual na Universidade de Navarra e especializouse en escritura de guión.[1] Tras isto contratárono en Telecinco.

Radio e televisión

editar

En televisión colaborou como guionista con Cruz y Raya, La Noche de Fuentes y Cía, Con dos tacones e 1, 2, 3, A leer esta vez. Deuse a coñecer para o público polas súas intervencións no programa de monólogos El club de la comedia emitido en varias cadeas de televisión españolas.

Tamén participou no programa de Buenafuente ou no Estival de Santa Cruz (Valladolid) onde fixo La Comedia del Gato xunto a outros humoristas como Agustín Jiménez e Pedro Reyes.

En televisión presenta o programa de maxia Nada x aquí do que foi guionista e director durante dúas tempadas; participou tamén nun programa emitido por Cuatro en prime time El Hormiguero e no seu homólogo radiofónico, No somos nadie, presentado igualmente por Pablo Motos.

Entre outubro e novembro de 2020 presentou na Televisión de Galicia o programa musical A voltas coa música, do que só se emitiron catro episodios.[2]

Cine e teatro

editar

Na súa faceta como guionista colaborou en cine: Cosas que hacen que la vida valga la pena (2004), e en teatro: Cinco hombres.com e Cinco mujeres.com, La vida según San Francisco, Entre fuerte y flojo. En abril de 2007 dirixiu xunto con Rodrigo Sopeña unha película de suspense titulada La habitación de Fermat, presentada no festival Internacional de cine de Cataluña, Sitges.

Véxase tamén

editar

Ligazóns externas

editar