La Patagonia rebelde

filme de 1974 dirixido por Héctor Olivera

La Patagonia rebelde é unha película dirixida por Héctor Olivera en 1974, baseada no libro Los vengadores de la Patagonia trágica, de Osvaldo Bayer, que á súa vez relata os feitos da denominada Patagonia rebelde de 1921.

La Patagonia rebelde
Ficha técnica
DirectorHéctor Olivera
ProdutorFernando Ayala
GuiónOsvaldo Bayer, Fernando Ayala e Héctor Olivera
IntérpretesHéctor Alterio, Luis Brandoni, Federico Luppi, Pepe Soriano
MúsicaOscar Cardozo Ocampo
FotografíaVíctor Hugo Caula
Estrea13 de xuño de 1974
Duración103 minutos
Orixe Arxentina
Orzamento300 millóns de pesos vellos
Na rede
IMDB: tt0071976 Filmaffinity: 952214 Allocine: 205490 Allmovie: v144715 TCM: 485406 Editar o valor en Wikidata

A trama comeza cando, ante a situación económica, as seccións locais da Federación Obrera Regional Argentina, dominada polos anarcosindicalistas nas cidades de San Julián e Río Gallegos, impulsan unha campaña de sindicalización de peóns, hacheros e outros asalariados. Pero a resposta dos estancieiros foi extremadamente dura: despedimentos, violencia e ameazas. A simple elaboración de reclamacións por parte dos peóns podía dar lugar a represalias. Isto conduciu á intensificación do conflito, que trouxo a rebelión dos traballadores cara aos patróns e as institucións estatais.

Héctor Olivera afirma que tivo a idea de facer unha película sobre o tema en 1959, ó ler o libro de David Viñas Los dueños de la tierra. A súa sexta película, converteuse en 1974 nunha das que forman parte do boom cinematográfico arxentino.

A película sufriu varias vicisitudes, e comportou persecución para o seu director e para o seu guionista, Osvaldo Bayer. Primeiramente foi censurada, polo entón presidente, ata que finalmente foi aprobada o 13 de xuño polo mesmo Juan Domingo Perón. Posteriormente, logo da morte deste, foi censurada novamente o 12 de outubro polo goberno de Isabel Perón. Co regreso da democracia formal en 1984 puido ser exhibida de novo.

Véxase tamén

editar

Ligazóns externas

editar