Jaime de Armiñán
Jaime de Armiñán Oliver, nado en Madrid o 9 de marzo de 1927, é un escritor, novelista, autor teatral, director e guionista de cinema e televisión español.
Jaime de Armiñán | |
---|---|
![]() | |
Nacemento | 9 de marzo de 1927 |
Lugar de nacemento | Madrid |
Nacionalidade | España |
Alma máter | Universidade Complutense de Madrid |
Ocupación | director de cinema e guionista |
Pai | Luis de Armiñán |
Nai | Carmen Oliver Cobeña |
Cónxuxe | Elena Santonja |
Fillos | Eduardo Arminan Santonja |
Premios | Premio Goya de honra, Medalla de Ouro ao Mérito nas Belas Artes e Premio Ondas |
Na rede | |
![]() ![]() ![]() ![]() ![]() | |
[ editar datos en Wikidata ] | |
Traxectoria editar
Armiñán naceu no seo dunha familia de artistas, políticos e escritores. A súa avoa e a súa nai foron respectivamente as actrices Carmen Cobeña e Carmita Oliver; o seu avó materno o dramaturgo e escultor Federico Oliver; o seu avó paterno, o político Luis Armiñán Pérez e o seu pai o xornalista e gobernador civil Luis de Armiñán Odriozola.[1] Educado no Colegio Estudio,[2] licenciouse en dereito pola Universidade de Madrid.
Os seus primeiros pasos no mundo da arte foron como redactor de artigos en publicacións como Fotos e Dígame, á vez que escribía as súas primeiras obras de teatro, Eva sin manzana (1953), coa que gañou o premio Calderón de la Barca, Sinfonía acabada (1955) ou Nuestro fantasma (1956), que recibiu o premio Lope de Vega.
Comezou no mundo da televisión desde as súas primeiras emisións en 1957, e foiun dos principais responsables de programas de ficción durante case dúas décadas. Tamén escribiu guións para o cinema, sobre todo co director José María Forqué, como os de La becerrada (1962) ou Yo he visto la muerte (1965).
A finais da década dos sesenta, Armiñán debutou como director cinematográfico con Carola de día, Carola de noche (1969), e foi consolidando o seu propio estilo ata estrear Mi querida señorita (1971), filme escrito xunto a José Luis Borau, que foi candidato ao Óscar ao mellor filme en lingua non inglesa. O filme aborda o tema do amor heterodoxo e as vidas marxinais, elementos comúns ao longo da súa filmografía e que se repetiron en filme como El amor del capitán Brando (1974), Al servicio de la mujer española (1978), El nido (1980), de novo candidata ao Óscar, ou Stico (1984), filme en que se expón o conflito dun catedrático de dereito romano que, incapaz de vivir con certa autonomía a súa vida diaria, se ofrece como escravo a un dos seus peores alumnos.
A finais da década de 1980 volveu á televisión con series populares e de éxito como Juncal (1988) e Una gloria nacional (1992), interpretadas por Francisco Rabal. Despois de rodar Al otro lado del túnel (1994), que supuxo a despedida do cinema de Fernando Rey, e El palomo cojo (1995), regresou á dirección en 2008 con 14, Fabian Road, que protagonizaron Julieta Cardinali, Ana Torrent e Ángela Molina e que apenas tivo percorrido comercial.
Continuou o seu labor como articulista, principalmente nos xornais ABC e El Mundo.[3][4][5][6]
Vida persoal editar
En 1956 casou con Elena Santonja (1932-2016), que foi a presentadora de televisión do popular programa gastronómico Con las manos en la masa na segunda metade dos anos oitenta, e coa que tivo tres fillos, Álvaro (1959), Eduardo (1962) e Carmen. Álvaro e Eduardo tamén son profesionais da dirección no cinema e na televisión.[7] A súa cuñada Carmen Santonja foi unha das integrantes dol dúo musical Vainica Doble.
Filmografía editar
Obra literaria editar
- Biografía del circo (1958), Logroño, Pepitas de calabaza, 2014.[8] ISBN 978-84-15862-27-7
- La noche de San Trotamundos, Madrid, Anaya, colección Luna de Papel, 1987. ISBN 978-84-7525-408-1
- Juncal (1989), Logroño, Fulgencio Pimentel Editorial, 2018.[9] ISBN 978-84-16167-84-5
- Vidas perras, Madrid, Ediciones Tayo, 1990. ISBN 978-84-87048-02-9
- Cine de la flor, Madrid, Nickel-Odeon, 1993.[10] ISBN 978-84-88370-04-4
- Diario en blanco y negro,[11] Madrid, Nickel-Odeon, 1994. ISBN 978-84-88370-07-5
- Los amantes encuadernados, Madrid, Espasa-Calpe, 1997. ISBN 978-84-239-8831-0
- Las siete pesadillas, Madrid, Espasa-Calpe, 1998. ISBN 978-84-239-7941-7
- La isla de los pájaros, Madrid, Plaza & Janés, 1999. ISBN 978-84-01-32785-8
- La dulce España: memorias de un niño partido en dos, Barcelona, Tusquets, 2000.[12] ISBN 978-84-8310-720-1
- Los duendes jamás olvidan, Barcelona, Belacqua, 2003. ISBN 978-84-95894-66-3
- Eva sin manzana / La señorita / Mi querida señorita / El nido. Edición de Catalina Buezo, Madrid, Cátedra, Letras Hispánicas, 2003.[13] ISBN 84-376-2070-8
Notas editar
- ↑ "Cine de la Flor: Cine multiuso". Diario ABC. 2 de agosto de 1998. Consultado o 2 de decembro de 2012.
- ↑ "15 - Curso 2008/2009 - Centenario de Carmen García del Diestro (1908/2001)". Biblioteca Colegio Estudio. 2009. Consultado o 25 de novembro de 2016.
- ↑ "Carmita Oliver". Diario ABC. 27 de marzo de 1991. Consultado o 2 de decembro de 2012.
- ↑ "Chinorris". Diario ABC. 5 de maio de 1993. Consultado o 2 de decembro de 2012.
- ↑ "Cine de la Flor: La Carbonerita". Diario ABC. 19 de marzo de 1993. Consultado o 2 de decembro de 2012.
- ↑ "Cine de la Flor: La película de la semana". Diario ABC. 8 de setembro de 1997. Consultado o 2 de decembro de 2012.
- ↑ ""Las cámaras también tienen las patas negras y dan cornadas"". Diario ABC. 4 de maio de 2011. Consultado o 2 de decembro de 2012.
- ↑ Biografía del circo
- ↑ Juncal
- ↑ Cine de la flor
- ↑ Diario en blanco y negro
- ↑ La dulce España
- ↑ Catalina Buezo (Ed.), Eva sin manzana / La señorita / Mi querida señorita / El nido, Jaime de Armiñán, Madrid, Cátedra, Letras Hispánicas, 2003.
Véxase tamén editar
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Jaime de Armiñán |
Bibliografía editar
- Asión Suñer, Ana, "Memoria y reflexión en el cine de Jaime de Armiñán", En La Tadeo DeArte, n.º 5, 2019, pp. 134-141 [1]
- Buezo, Catalina, "Jaime de Armiñán y los medios de comunicación como difusores de ideas reformistas", En Espéculo: Revista de Estudios Literarios, n.º 20, 2002. [2] Arquivado 18 de xuño de 2021 en Wayback Machine.
- Crespo, Pedro, Jaime de Armiñán: los amores marginales, Huelva, Festival de Cine Iberoamericano, 1987. [3]
- Diego, Patricia y Grandío, María del Mar, “Producción y programación de series cómicas de TVE en la época franquista: Jaime de Armiñán y las primeras comedias costumbristas”. En Estudios sobre el Mensaje Periodístico, Vol. 20, Núm. especial, 2014, pp. 105-120.
- Galán, Diego, Jaime de Armiñán. Huesca, Festival de Cine de Huesca 1990. ISBN 84-404-7240-4 [4]
- Tejeda, Carlos (coord.), El pulso del narrador. Los contrapuntos de Jaime de Armiñán. XVI Festival Solidario de Cine Español de Cáceres, Fundación ReBross, Notorious Ediciones, 2009. ISBN 978-84-936000-9-9 [5]
- VV. AA, Jaime de Armiñán y su mundo. Valencia, Fundación Municipal de Cine/Mostra de Valencia, 2001. ISBN 84-8484-016-6 [6]