¡Ay, Carmela!

filme de 1990 dirixido por Carlos Saura

¡Ay Carmela! é un filme español de 1990 dirixido por Carlos Saura e baseado na obra epónima de José Sanchís Sinisterra. Está protagonizado por Carmen Maura, Andrés Pajares e Gabino Diego. O filme foi escollido como candidato de España para o Óscar ó mellor filme en lingua non inglesa na 63ª edición dos premios, mais finalmente non foi nomeado.[1]

¡Ay Carmela!
Ficha técnica
Título orixinal¡Ay Carmela!
DirectorCarlos Saura
GuiónRafael Azcona
Carlos Saura
Baseado enObra de José Sanchís Sinisterra
IntérpretesCarmen Maura
Andrés Pajares
Gabino Diego
MúsicaAlejandro Massó
FotografíaJosé Luis Alcaine
MontaxePablo González del Amo
DistribuidoraPrestige Films
Estrea1990
Duración102 minutos
OrixeEspaña España
XéneroDrama e comedia

ArgumentoEditar

Carmela (valente e espontánea), Paulino (pragmático e covarde) e Gustavete (mudo) son trobadores que actúan para o lecer do bando republicano durante a guerra civil española, mais están cansos xa de pasar penalidades na fronte. Carmela, Paulino e Gustavete diríxense a Valencia mais, por erro, van parar á zona nacional. Alí son feitos prisioneiros, e o único xeito de salvar as súas vidas é ofrecendo un espectáculo para un grupo de militares nacionais que choca totalmente coa ideoloxía dos cómicos.

PersonaxesEditar

NotasEditar

  1. Margaret Herrick Library, Academy of Motion Picture Arts and Sciences

Véxase taménEditar

Outros artigosEditar

BibliografíaEditar

  • Edwards, Gwynne, Indecent Exposures, PMarion Boyars, 1995, ISBN 0-7145-2984-2
  • Schwartz, Ronald, The Great Spanish Films: 1950 - 1990, Scarecrow Press, Londres, 1991, ISBN 0-8108-2488-4

Ligazóns externasEditar