Andrés Pajares
Andrés Pajares Martín (Madrid, 6 de abril, 1940) é un actor, director, guionista e cómico de cine, teatro e televisión español.
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 6 de abril de 1940 (84 anos) Madrid, España |
Actividade | |
Campo de traballo | Actuación, filme, televisión e teatro |
Ocupación | actor, actor de teatro, realizador, actor de cinema, director de cinema, actor de televisión, guionista |
Selo discográfico | Philips EMI |
Familia | |
Fillos | Andrés Burguera |
Páxina web | andrespajares.es |
Biografía
editarComezou como actor cómico en discotecas e nas compañías musicais de Antonio Machín, Manolo Escobar e Tony Leblanc. Encabezaba un cartel por primeira vez con Antonio Casal e actuou con Sara Montiel e Rocío Jurado antes de formar a súa propia compañía de revistas (Más vale pájaro en mano, Del coro al caño, La risa está servida). Alternou os escenarios co café-teatro, especialidade na que acadou un peculiar protagonismo, e gravou varios discos ao mesmo tempo.
Tamén participou en numerosos programas de televisión, sobre todo cun personaxe, El currante, que el mesmo fixo de película anos despois.
En 1979 comezou a traballar no cine xunto a Fernando Esteso. Pajares e Esteso traballaron xuntos en once películas con Mariano Ozores como director, con eles acadaron gran repercusión e popularidade a nivel nacional. A parella traballou no cine ata 1983, cando rodaron La Lola nos lleva al huerto, a súa última película xuntos. Catro anos máis tarde reencontraronse, esta vez no escenario, na obra La extraña pareja, de Neil Simon, dirixida por José Osuna .
Xa separado profesionalmente de Fernando Esteso, continuou traballando como actor de cine e televisión. En 1990 chegou ao punto culminante da súa carreira como actor grazas a ¡Ay, Carmela!, coa que gañou, entre outros, un Goya do Academia e o premio ao mellor actor no festival Montreal.
En 1996 participou como actor, xunto a María Barranco, en Bwana e, posteriormente, en producións televisivas como ¡Ay, Señor, Señor! (1994 -1995) e Tío Willy (1998-1999).
Ademais da súa traxectoria profesional, tamén é coñecido en España pola súa vida privada e familiar. De cando en vez vese nalgúnha das televisións en programas do corazón e tamén en revistas de prensa rosa.
En 2008, coincidindo cos seus cincuenta anos de traxectoria artística,[1] estreou a obra A mi manera de hacer,[2] no que recreou os seus números máis populares. Pouco despois da súa estrea, o 28 de febreiro dese mesmo ano, a obra foi parada por problemas persoais do actor, aínda que máis tarde protagonizou a segunda parte de "Oro de Moscu", a película "La daga de Rasputin" dirixida por Jesús Bonilla, con grande éxito de recadación. Andrés Pajares é actualmente o decano dos actores cómicos españois.
Vida privada
editarCasou coa actriz Carmen Burguera, da que quedou viúvo en 1973[3] e coa que tivo o seu fillo Andrés Burguera (1966).[4] En 1975 casou con Ascensión «Chonchi» Alonso, nai da súa filla Mari Cielo (1976),[5] separáronse en 1997. Despois tivo unha relación con Conchi Jiménez entre 1997 e 2003.[6] En marzo de 2003 anunciou que tiña outra filla chamada Eva, nacida en 1971.[7] A súa última relación sentimental coñecida é, desde 2016, coa súa secretaria, Juana Gil. O 5 de decembro de 2019 casou con ela civilmente.
Premios
editarAno | Categoría | Película | Resultado |
---|---|---|---|
1990 | Mellor actor | ¡Ay, Carmela! | Gañador |
Ano | Categoría | Película | Resultado |
---|---|---|---|
1991]] | Mellor actor | ¡Ay, Carmela! | Gañador |
Filmografía
editarActor
- El marino de los puños de oro - 1968
- La vida sigue igual - 1969
- Un adulterio decente - 1969
- Los extremeños se tocan - 1970
- En un mundo nuevo - 1972
- Los novios de mi mujer - 1972
- ¡Qué cosas tiene el amor! - 1973
- Me has hecho perder el juicio - 1973
- Cómo matar a papá sin hacerle daño - 1974
- Un lujo a su alcance - 1975
- En el Frente Miñano - 1975
- Los bingueros - 1979
- Los energéticos - 1979
- Yo hice a Roque III - 1980
- El liguero mágico - 1980
- Los chulos - 1981
- ¡Qué gozada de divorcio! - 1981
- Los liantes - 1981
- Brujas mágicas - 1981
- Todos al suelo - 1982
- Cristóbal Colón, de oficio... descubridor - 1982
- Padre no hay más que dos - 1982
- El currante - 1983
- Agítese antes de usarla - 1983
- La Lola nos lleva al huerto - 1984
- Playboy en paro - 1984
- La Hoz y el Martínez - 1984
- El Donante - 1985
- Moros y cristianos - 1987
- El embarazado - 1987
- Desmadre matrimonial - 1987
- ¡Ay, Carmela! - 1990
- Makinavaja, el último choriso - 1992
- Semos peligrosos (uséase Makinavaja 2) - 1993
- Bwana - 1996
- Náufragos - 1997
- Grandes ocasiones - 1998
- El oro de Moscú - 2003
- Tiovivo c. 1950 - 2004
- Mi mujer me pone los cuernos... o no - 2009
- La daga de Rasputín - 2011
- Torrente 5 - 2014
- Director
- El donante - (1985)
- El embarazado - 1987
- Desmadre matrimonial - 1987
- Náufragos - 1997
- Guionista
Televisión
editar- Pajares & CIA Docuserie (Atresplayer Premium, 2022)
- Paquita Salas (Flooxer/Netflix, 2016-presente)
- ¡Arriba ese ánimo! (La 1, 2012)
- Especial noitevella 2003: Regreso ao 2004: O día de fin de ano (La 1, 2003)
- Tío Willy (La 1, 1998-1999)
- Gran gala de la Hispanidad (Telecinco, 1996)
- ¡Ay, Señor, Señor! (Antena 3, 1994-1995)
- Especial Noitevella1990: Uno menos pa el 92 (La 1, 1992)
- Especial Noitevella 1982 (La 1, 1982)
- Ding-Dong (La 1, 1980)
- Especial Noitevella 1979 (La 1, 1979)
- 625 líneas (La 1, 1976-1978)
- Especial Noitevella 1978 (La 1, 1979)
- Especial Noitevella 1975 (La 1, 1975)
- Especial Noitevella 1974: Feliz aninovo (La 1, 1974)
- Pajareando (La 1, 1970)
- Especial Noitevella 1969: Felices anos 70 (La 1, 1970)
Notas
editar- Referencias
- ↑ Página Web oficial
- ↑ "Blog". Arquivado dende o orixinal o 23 de xuño de 2016. Consultado o 23 de maio de 2023.
- ↑ Diario ABC, ed. (23 de novembro de 1973). "La escena al día".
- ↑ El Mundo, ed. (2 de febreiro de 2019). "Andrés Pajares: "Mi estado es buenísimo. Soy mayor, no viejo"".
- ↑ Telecinco, ed. (5 de maio de 2008). "Las mujeres de Pajares". Arquivado dende o orixinal o 16 de xuño de 2023. Consultado o 23 de maio de 2023.
- ↑ El Periódico, ed. (9 de maio de 2016). "Andrés Pajares se compromete con su secretaria".
- ↑ El Periódico de Extremadura, ed. (11 de marzo de 2003). "Andrés Pajares y su mujer se separan".
- ↑ "Premios del CEC a la producción española de 1991". Círculo de Escritores Cinematográficos. Arquivado dende o orixinal o 26 de febreiro de 2021. Consultado o 28 de marzo de 2016.
Véxase tamén
editarWikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Andrés Pajares |