Manolo Escobar

cantante e actor español

Manuel García Escobar, nado en El Ejido (provincia de Almería) o 19 de outubro de 1931 e finado en Benidorm (provincia de Alacant) o 24 de outubro de 2013, coñecido como Manolo Escobar, foi un cantante e actor español.

Infotaula de personaManolo Escobar

Editar o valor em Wikidata
Biografía
Nacemento(es) Manuel García Escobar Editar o valor em Wikidata
19 de outubro de 1931 Editar o valor em Wikidata
Las Norias, España (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
Morte24 de outubro de 2013 Editar o valor em Wikidata (82 anos)
Benidorm (España) Editar o valor em Wikidata
Causa da morteMorte natural Editar o valor em Wikidata (Cancro colorrectal Editar o valor em Wikidata)
Datos persoais
País de nacionalidadeEspaña Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónactor , actor de teatro , cantante , actor de cinema Editar o valor em Wikidata
Período de actividade1956 Editar o valor em Wikidata -
Xénero artísticoCopla andaluza e música pop Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua castelá Editar o valor em Wikidata
InstrumentoVoz Editar o valor em Wikidata
Selo discográficoBMG (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
Familia
CónxuxeAnita Marx Schiffer (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
FillosVanessa García Marx (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
IrmánsJuan Gabriel García Escobar, Baldomero García Escobar (en) Traducir, Salvador García Escobar (en) Traducir e José María García Escobar (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
ParentesAna García Lozano (sobriña) Editar o valor em Wikidata
Premios

Páxina webmanoloescobar.net Editar o valor em Wikidata
IMDB: nm0260334 Allocine: 243663 Rottentomatoes: celebrity/manolo_escobar Allmovie: p22084
Facebook: manoloescobarfans Musicbrainz: 7880a76e-09fb-48b5-a9f3-faab0167c877 Songkick: 223337 Discogs: 517872 Allmusic: mn0000566371 Find a Grave: 119239846 Genius: Manolo-escobar Editar o valor em Wikidata

Traxectoria editar

Primeiros anos editar

Era o quinto dunha familia de dez irmáns. O seu pai, Antonio García, proviña do campo, mais tivo que dedicarse a numerosos mesteres para sacar adiante a súa numerosa familia. Tiña unha hospedaría; tamén foi comerciante, e incluso empresario cinematógrafo: montou o primeiro cine da vila. A nai, a entrañable "madrecita María del Carmen", era xunto co seu esposo a alma da familia, e adicábase en corpo e alma a cuidalos a todos.

Con grandes inquedanzas culturais, Antonio García insistía sempre en que os seus fillos tiveran unha formación. A súa outra gran paixón era a música, e tamén lles facilitou ós seus fillos o cultivo desta arte. Desde moi pequenos, aprenderon a tocar a guitarra e o laúde. O seu irmán Baldomero erixiuse en xefe da compañía, e xunto con Salvador e Manolo comezaron a actuar en festas e vodas baixo o nome artístico de "Los Niños de Antonio García". Xa entón, o neno Manolo soñaba con ser cantante.

Nestes duros anos de posguerra, Antonio García coñeceu un mestre de escola que perdera a súa esposa e o seu fillo durante a guerra civil. Antonio aloxouno na súa casa e converteuse no profesor particular de toda a rapazada. O novo membro da familia, Antonio Manzano, resultou ser tamén un consumado profesor de música. Así que os irmáns García, desde o maior ó máis pequeno, puideron aprender música en casa e organizar unha rondalla.

Los Niños de García actuaban no cine do seu pai, nos entreactos obrigados do cambio de cinta de película. Dirixidos polo seu mestre, facían as delicias do público.

Pero nin o cine nin tódolos recursos que o pai se esforzaba en discorrer, eran suficientes para cubrir as necesidades básicas da numerosa familia. Os anos corenta trouxeran unha seca pertinaz a toda España, incluída a provincia de Almería, e o campo non daba para máis. Os irmáns máis vellos, Antonio e María, xa casaran, pero tamén ían malvivindo. Así que Antonio, tras moitas peticións do seu fillo Baldomero, aceptou que dera o salto da emigración a Barcelona, a probar fortuna. Con el irían tamén Salvador e Manolo, e logo xa se vería.

Con apenas 15 anos, Manolo e os seus dous irmáns lanzáronse á grande aventura nun tren que os levou a máis de 800 quilómetros da súa casa e a súa xente. En Barcelona instaláronse nun cuarto alugado no Barrio Chinés. Salvador atopou un emprego, e Baldomero non atopou outra cousa que dedicarse ó estraperlo. Manolo facía o que podía, ademais de ser o cociñeiro do grupo. Varios meses máis tarde, conseguiron un piso en Badalona, e ó pouco tempo o resto da familia, incluídos os irmáns máis vellos e os seus consortes, emprenderon a viaxe de reencontro.

Toda a familia (agás os pequenos, que seguían no colexio) afanouse por traballar. Manolo atopou un emprego na industria metalúrxica, pero tivo que deixalo por motivos de saúde. Despois de ser aprendiz de ebanista, decidiuse pola construción, porque o soldo era máis alto. Por último, atopou outro emprego na industria química, onde traballou durante cinco anos.

Naqueles tempos, proliferaban nos barrios as verbenas nas rúas e prazas, onde mozos e maiores se divertían tanto cos preparativos de colocar o taboado para a orquestra ou colocar faroliños e bombillas, como cos bailes e os cantes das actuacións. Nas verbenas organizábanse concursos de baile e de cante, e Manolo non deixaba pasar un: presentábase a todos os que podía, porque a súa ilusión seguía sendo cantar. Cancións de moda daquela época, de moitos cantantes famosos, que Manolo interpretaba cun estilo propio e cunha voz clara que entusiasmaba o público.

A fama nos concursos das verbenas facilitoulle a Manolo o poder introducirse noutro espectáculo da época: o cine-variedades (dúas películas e un espectáculo de variedades). Nunha ocasión participou nun programa que encabezaba Raquel Meller. Cando a diva se cruzou con el de camiño ó camerino, díxolle: "Rapaz, ti chegarás... Eu sei disto abondo e vin moito. Chegarás, asegúrocho".[1]

Comezos editar

A comezos dos 50, Manolo tivo que cumprir o servizo militar. Foi en Larache (Marrocos), onde grazas ó seu carácter e ás súas cancións gañou centos de amigos. Un deles, Eusebio, sobriño dunha personalidade no mundo da radio, brindoulle a oportunidade que o introduciu neste medio. En canto José María Nadal o escoitou, invitouno a actuar a Radio Barcelona, nun programa onde se promocionaban artistas noveis. Nestas actuacións, foi acompañado á guitarra polo seu irmán Juan Gabriel. E co nome de "Manolo Escobar y su guitarrista Juanito García", chegou o exame para obter o carné profesional, que aprobaron.

Mentres tanto, e porque o mundo da música non era nada seguro, os irmáns García estudaban o bacharelato e, unha vez conseguido o título, realizaron oposicións a auxiliar de correos. A estafeta de Badalona contaba con cinco membros do seu cadro de persoal cos apelidos García Escobar.

Os cinco irmáns, seguindo as instrucións de Nadal, que se convertera no seu padriño artístico, chegaron a formar o grupo "Manolo Escobar y sus guitarras". Un novo estilo persoal de música española, cun ritmo moderno. A pesar de todo José María e Gabriel abandonaron pronto o grupo, quedando definitivamente Manolo como cantante e Baldomero, Salvador e Juan Gabriel como guitarristas.

Co "son Escobar" xa elaborado, o grupo gravou o seu primeiro disco, e a súa fama foi en aumento. As galas facíanse cada vez máis frecuentes, e a estafeta de correos ficaba medio baleira con demasiada frecuencia. Así que a familia viuse na obriga de escoller: ou o traballo seguro de ser funcionario, ou a aventura da música. E optouse por pedir unha excedencia de dous anos, co que se cubrían as costas.

No ano 1958 chegoulles un contrato nunha sala de categoría de Platja d'Aro, na Costa Brava. Despois de renovar para a tempada seguinte, conseguiron outro contrato para facer unha xira de tres meses polo sur de Francia. Unha vez terminada con grande éxito, lanzáronse á aventura de coñecer París, e alí transcorreron varios meses sen parar de traballar e realizar actuacións.

De volta a España, conseguiron outro contrato no mesmo local de Platja d'Aro. Alí coñeceu Manolo unha alemá que se atopaba cos seus pais de veraneo, e entre eles xurdiu un auténtico frechazo. Ana Marx volveu á súa terra, pero conseguiu ó seu namorado un contrato para actuar en Alemaña. E ós poucos meses de coñecerse, Manolo e Anita contraían matrimonio, o 10 de decembro de 1959, en Colonia.

Tras unha breve lúa de mel en Alemaña, os novos esposos pasaron o Nadal coa familia de Manolo. Máis adiante, puxeron rumbo a Almería, e, malia o refrán, Manolo si que foi profeta na súa terra, conseguindo un éxito clamoroso en tódolos lugares onde actuaba.

Ó ano seguinte, Juanito Valderrama chamouno para levalo no seu espectáculo. Grazas a iso, Manolo percorreu toda España durante dous meses, en prazas de touros onde actuaba ante miles de persoas. O seu soño comezaba a facerse realidade. Tan seguro de si mesmo se viu, que cando Valderrama lle propuxo renovar o contrato, e aínda que as relacións entre ambos eran excelentes, Manolo rexeitou a oferta e decidiu montar o seu propio espectáculo.

Éxito editar

En 1961, Manolo debutou en Córdoba, no teatro Duque de Rivas, co seu propio espectáculo: "Canta Manolo Escobar". A partir de entón, Manolo converteuse en poucos anos nun ídolo de multitudes, paseándose triunfalmente por toda España cos seus diversos espectáculos, e gravando decenas de discos que axiña saltaron á fama.

En 1963 iniciouse a súa carreira cinematográfica, coa película Los guerrilleros, carreira que continuou ata os anos 80, a razón dunha película por ano. Manolo actúa con naturalidade ante as cámaras. As personaxes que interpreta son simpáticas e do pobo chan, como el mesmo, e móvense arredor de belas e atractivas mulleres. E sempre hai un final feliz.

Actuacións no cine, espectáculos de masas, televisión, discos con vendas millonarias, avalan a rutilante carreira deste home sinxelo que chegou ó corazón do público non só coa súa forma de cantar, senón tamén co seu carácter amable, a súa ledicia e a súa bondade.

Cancións como "El porompompero", "Mi carro", "La minifalda", "Madrecita María del Carmen" ou "Mujeres y vino", forman parte da cultura popular española dos anos 60 e 70.

A pequena flor editar

En 1978 chegou ás vidas de Manolo e Anita un novo ser: a súa filla Vanessa. Isto colmou de felicidade a parella, e tódolos seus admiradores sentíronse felices por tan grato acontecemento. Era o único que lle faltaba para a alegría completa.

A Vanessa, a filla adoptada de Manolo Escobar, escribiulle un bolero o seu tío Juan Gabriel, compositor de moitas das cancións de Manolo: "Mi pequeña flor". A canción fíxose moi popular, e era moi emotivo ver a Manolo cantala mentres Anita sostiña en brazos a pequena, que chegou incluso a cantar co seu pai, algún tempo despois, unha canción que dicía "Papá, papá, te quiero mucho". Tal era a popularidade de Manolo entón, que ata se puxo de moda o nome de Vanessa por aquela época.

Despois do éxito millonario de "Y viva España" (interpretada orixinalmente pola belga Christiane Bervoets, máis coñecida como Samantha), que superou as expectativas do propio Manolo e da súa casa discográfica, Manolo embarcouse nunha tarefa que quizais non foi suficientemente apreciada: gravou a selección antolóxica do cancioneiro español. Decenas de cancións inmortais de xenios da copla, pero co selo particular da súa voz e a súa particular forma de interpretar. "Antonio Vargas Heredia", "Suspiros de España", "Malvaloca", e un sinfín de cancións coas que tamén obtivo un grande éxito.

E non deixou de renovarse. O seu estilo foise facendo máis moderno co tempo, ata o punto de gravar un disco onde versionaba cancións doutros cantantes e grupos de estilo bastante distinto, pero que na súa boca soan igual de frescos que calquera outra das súas cancións. Seguiu sendo fiel ás súas raíces, e sempre levou no seu repertorio pasodobres e rumbas, pero tamén hai lugar para baladas e rancheiras.

Nos anos 80, Manolo abandonou a súa carreira cinematográfica, pero a comezos dos 90, probou sorte como presentador de televisión, en dous programas que tiveron grande éxito de audiencia: Goles son amores e Mañana serán estrellas. A xovialidade de Manolo estaba presente nestes programas, onde demostrou que era capaz de facer o que lle boten, e ademais facelo ben.

Nos últimos anos, Manolo continuou incansable coas súas actuacións e as gravacións dos seus discos. Continuou percorrendo España cos seus diversos espectáculos, e de cando en vez podíaselle ver nas distintas cadeas de televisión. O seu público seguía estando aí, demostrándolle o seu afecto e a súa complicidade alá onde ía. O matrimonio García-Marx levaba unha vida algo máis tranquila, e a súa filla Vanessa xa era toda unha muller que estudou xornalismo e comezou a traballar na prensa.

Premios editar

En xuño de 1975, nunha homenaxe nacional que tivo lugar no Pazo dos Deportes de Barcelona, Manolo recibiu 19 discos de ouro recollidos ata entón. Concha Velasco, compañeira en cinco películas, foi a encargada de presentar a homenaxe, á que acudiron 10 000 persoas. O seu disco Y viva España superou os 6 millóns de discos vendidos en España. Tamén recibiu a medalla de ouro da cidade de Almería e o nomeamento de fillo adoptivo da mesma; distincións da Sociedad General de Autores de España, Deputación Provincial de Barcelona, Concello de Badalona etcétera. Ademais, a Dirección General de Correos y Telecomunicaciones impúxolle a insignia de ouro da corporación e a "capa de postas", que só se outorga en casos excepcionais. Tamén Correos creou un cuño conmemorativo da homenaxe, para unha soa estampación, que se realizou no propio escenario sobre unha foto xigante do cantante. Pero o momento máis emotivo foi cando se abrazou á súa nai no escenario.

En 2007 recibiu o Premio Familia como recoñecemento á súa carreira no marco da III Mostra Internacional de Cinema sobre la Familia, que outorga anualmente a Associació CinemaNet. O acto de entrega tivo lugar en Badalona, cidade na que o artista pasou varios anos da súa vida.

Discografía editar

  • Espigas y Amapolas
  • El ángel de la guarda
  • Aquel hijo
  • Mi novia
  • Canciones de sus películas
  • Mi carro
  • Sevillanas de Oro
  • Brindis
  • Grandes Éxitos (1971)
  • Entre dos amores
  • Me has hecho perder el juicio
  • Y viva España
  • ¡Ay, caridad!
  • Cada lágrima tuya
  • Cuando los niños vienen de Marsella
  • Madrecita Maria del Carmen
  • Por los caminos de España
  • Eva que hace ese hombre en tu cama
  • Qué guapa estás
  • La mujer es un buen negocio
  • Niña Bonita
  • Calor
  • Mis mejores canciones
  • Selección Antológica del cancionero Español
  • De las películas Préstemela esta noche y Donde hay patrón
  • Labrador
  • Alejandra Mon Amour
  • Mi pequeña flor
  • Amores
  • Manolo, siempre Manolo
  • Mi pequeña flor, Vanessa (Especial Rack)
  • Donde estará mi niño
  • Los grandes pasodobles cantados
  • Papá te quiero mucho
  • Coraje
  • Sevilla casi ná
  • Miel de Amores
  • Vive la vida
  • Suspiros de España
  • 30 aniversario
  • Por pasodobles, por sevillanas
  • Rumba pa ti
  • Que bonita eres
  • Tango tango
  • Tiempo al tiempo
  • Con mi acento
  • Aromas
  • Contemporáneo
  • De puerto en puerto
  • Manolo Escobar

Filmografía editar

Manolo Escobar, como outros cantantes de éxito dos 60 como Raphael, Peret, ou Julio Iglesias, comezou unha carreira cinematográfica, malia que estaba máis dirixida ó lucimento propio que ó desenvolvemento da trama da película.

Notas editar

  1. Orixinal en castelán: "Muchacho, tú llegarás... Yo sé de esto lo suficiente y he visto mucho. Llegarás, te lo aseguro".