Ramón Torrado

director e guionista galego de cinema

Ramón Torrado Estrada, nado na Coruña o 5 de abril de 1905 e finado en Madrid en xaneiro de 1990, foi un director e guionista galego de cinema, irmán do autor de teatro Adolfo Torrado Estrada.

Ramón Torrado
Nacemento5 de abril de 1905
Lugar de nacementoA Coruña
Falecementoxaneiro de 1990
Lugar de falecementoMadrid
NacionalidadeEspaña
Ocupacióndirector de cinema e guionista
IrmánsAdolfo Torrado Estrada
Na rede
IMDB: nm0868315 Allocine: 76568 Allmovie: p686712 Galiciana: 92819 Editar o valor em Wikidata
editar datos en Wikidata ]

Traxectoria Editar

Comezou a súa traxectoria artística como pintor e cartelista aínda que é coñecido polo seu rol de director de cinema. Realizou por volta de 50 filmes entre 1942 e 1978, co financiamento do réxime franquista, logo de fundar en 1940 a produtora Suevia Films, co tamén galego Cesáreo González. Nas súas primeiras películas destaca o folclorismo andaluz así como a tendencia ao melodrama rexional, preferentemente galego. Máis tarde realizaría filmes de carácter relixioso por un lado e do chamado Spaghetti Western polo outro.

Filmografía Editar

  • Don Juan Tenorio (El castigador castigado) (1921).
  • Campeones (1942).
  • El hombre de los muñecos (1943).
  • El rey de las finanzas (1944).
  • Castañuela (1945).
  • Mar abierto (1946).
  • El emigrado (1946).
  • Botón de áncora (1948).
  • Sabela de Cambados (1949).
  • Rumbo (1949).
  • La niña de la venta (1951).
  • La trinca del aire (1951).
  • La estrella de Sierra Morena (1952).
  • ¡Che, qué loco! (1953).
  • Malvaloca (1954).
  • Amor sobre ruedas (1954).
  • Héroes del aire (1957).
  • Las lavanderas de Portugal (1957).
  • María de la O (1959).
  • Fray Escoba (1961).
  • Ella y los veteranos (1961).
  • Fray Escoba (1961).
  • Cristo negro (1962).
  • Bienvenido, padre Murray (1963).
  • La carga de la policía montada (1964).
  • Relevo para un pistolero (1964).
  • Los cuatreros (1964).
  • Mi canción es para ti (1965).
  • Un beso en el puerto (1965).
  • El Padre Manolo (1966).
  • Con ella llegó el amor (1969).
  • Amor a todo gas (1969).
  • La montaña rebelde (1971).
  • Los caballeros del botón de ancla (1973).
  • Guerreras verdes (1976).
  • Sospecha en la sombra (1990).

Véxase tamén Editar

Ligazóns externas Editar