Sabela de Cambados

filme de 1949 dirixido por Ramón Torrado

Sabela de Cambados é un filme galego de 1949 dirixido por Ramón Torrado.

Sabela de Cambados
Tipofilme Editar o valor en Wikidata
Xénero artísticocinema dramático Editar o valor en Wikidata
Lingua orixinallingua castelá Editar o valor en Wikidata
Autoría
Director/aRamón Torrado Editar o valor en Wikidata
Compositor/aFernando Díaz Gilés Editar o valor en Wikidata
GuionistaAdolfo Torrado Estrada Editar o valor en Wikidata
Director/a fotografíaMichel Kelber Editar o valor en Wikidata
Editor/a de cineGaby Peñalba Editar o valor en Wikidata
Publicación
País orixeEspaña Editar o valor en Wikidata
Produtor/aCesáreo González Editar o valor en Wikidata
Dimensións
Duración1 hora e 35 minutos Editar o valor en Wikidata
Fontes e ligazóns
RedesIMDB: tt0040752 Filmaffinity: 720303 Editar o valor en Wikidata
Wikidata ]

Argumento

editar

No pazo de Armental, en Cambados, os marqueses de Soñeira viven un matrimonio infeliz. A marquesa Sabela (María Fernanda Ladrón de Guevara) sente que o seu marido Jaime (Rafael Bardem) non a quere. Jaime marcha a Madrid, onde vive unha vida de luxos xunto á súa curmá e amante Julia (Margarita Sandra). Un día regresa de América Juan de Mourente (Fernando Fernández de Córdoba), un indiano que fora un amor de mocidade de Sabela antes de marchar el, e do que nunca se esqueceu.

Por outra banda, o fillo de Sabela, Eduardo (Jorge Mistral), marcha estudar a Santiago e deixa soa a súa namorada Tonucha (Amparo Rivelles), quen vive no pazo como afillada de Sabela, dende que seus pais morreran.

Elenco

editar

Produción

editar

O filme foi producido por Suevia FIlms, do vigués Cesáreo González e está baseado nunha obra de teatro homónima de Adolfo Torrado. A pesar do título, non foi rodado en Cambados, o que causou indignación nos cambadeses emigrados na Arxentina que asistiron á proxección esperando ver imaxes da súa terra.[1][2] A rodaxe realizouse en Santiago de Compostela, A Coruña, Betanzos, Guísamo, Sada e San Pantaleón.[3]

No filme soan varias cancións populares galegas interpretadas pola agrupación Anaquiños d'a Terra. Tamén inclúe varias escenas da romaría dos Caneiros de Betanzos.

  1. Anxo Martínez (28 de marzo de 2012). ""'Sabela de Cambados' es un folletín con final feliz"". Faro de Vigo (en castelán). Consultado o 25 de agosto de 2018. 
  2. "A película "Sabela de Cambados" obxectivo da Real Academia Galega de Belas Artes e do Concello de Cambados". A ti, meu Cambados. 25 de marzo de 2012. Consultado o 25 de agosto de 2018. 
  3. Erias Martínez, Alfredo; Sarmiento Escalona, Rosario (1997). O cinematógrafo en Betanzos (1897-1951) (PDF). Deputación da Coruña. ISBN 84-89652-26-0. 

Véxase tamén

editar

Ligazóns externas

editar