San Pantaleón das Viñas, Paderne

parroquia civil do concello de Paderne

San Pantaleón das Viñas é unha parroquia do concello de Paderne, na comarca de Betanzos (provincia da Coruña). Segundo o IGE en 2011 tiña 656 habitantes (342 mulleres e 314 homes) distribuídos en 7 entidades de poboación, o que supón un aumento respecto do ano 1999, cando tiña 655 habitantes.

San Pantaleón das Viñas
Iglesia de San Pantaleón das Viñas (8750006897).jpg
Igrexa parroquial de San Pantaleón das Viñas.
ConcelloPaderne[1]
ProvinciaA Coruña
Coordenadas43°19′37″N 8°11′47″O / 43.327, -8.1964Coordenadas: 43°19′37″N 8°11′47″O / 43.327, -8.1964
Poboación656 hab. (2011)
Entidades de poboación9[1]
editar datos en Wikidata ]

Está situada ao norte do concello, e linda coas parroquias de Souto e Vilouzás.

PatrimonioEditar

 
Pazo de Montecelo

O pazo de Montecelo está situado fronte á igrexa parroquial, xunto á vía inglesa do camiño de Santiago. O edificio actual data do século XVII ou XVIII, aparecendo xa nun inventario familiar feito en 1771.

A casa de San Pantaleón das Viñas ten a súa orixe a mediados do século XV, mercede á concesión dun foro do abade do mosteiro de San Martiño Pinario ao couto de San Pantaleón coa súa xurisdición civil e criminal á familia Díaz de Andrade. Os primeiros señores de San Pantaleón das Viñas foron o capitán Rodrigo Díaz de Andrade, que participou na reconquista de Granada, e a súa muller, Constanza de Castro, enterrada no convento de San Francisco de Viveiro, ao seren tamén señores do couto de Silán (actual concello de Muras). A mediados do século XVII o pazo comezou a ser coñecido como pazo ou casa da Misericordia, ao casar un dos herdeiros coa titular do pazo da Misericordia de Viveiro. A sucesión no foro e no morgado pasou á familia López de Andrade e posteriormente á Fajardo de Andrade. A comezos do século XVIII Gertrudis Fajardo de Andrade casou co seu curmán Juan Antonio Bermúdez de Castro y Fajardo de Andrade.

O período de maior esplendor é baixo o señorío de José María Bermúdez de Castro y Pardo, nado en Viveiro en 1799. Reformou e modernizou a explotación das súas propiedades, aumentando a produción dos muíños de Ponte Lambre, introduciu o cultivo de especies novas, e reformou e cercou o pazo. En 1816 casou con María del Carmen Mosquera Ribera, coa que ten un fillo, Francisco, que crearía o gran xardín do pazo. Trala morte deste e da súa muller Aurelia, o pazo pasa ao seu fillo Ricardo, que morre sen descendencia. O pazo pasa a mans dunha sobriña da muller de Ricardo, a Amparo Quiroga Navia. Esta muller casou con Jorge Quiroga García del Hoyo, herdando o pazo a súa filla Amparo Quiroga Quiroga, que casou con Gonzalo de Vargas Fernández de Córdoba.

Amparo Quiroga vendeu o pazo á entidade Lambre S.A., que o rehabilitou coa axuda da Fundación Montecelo, constituída para ese fin. As instalacións están alugadas á Asociación Cultural Montecelo, vencellada ao Opus Dei.

Galería de imaxesEditar

Artigo principal: Galería de imaxes de Paderne.

Lugares e parroquiasEditar

Lugares de San Pantaleón das ViñasEditar

Lugares da parroquia de San Pantaleón das Viñas no concello de Paderne (A Coruña)

Os Barreiros | A Insua | Lambre | O Loureiro | Montecelo | A Ponte do Lambre | A Ponte do Porco | Porto de Abaixo | Trasmil

Parroquias de PaderneEditar

Galicia | Provincia da Coruña | Parroquias de Paderne

Adragonte (Santiago) | Obre (Santo André) | Paderne (San Xoán) | Quintas (Santo Estevo) | San Pantaleón das Viñas (San Pantaleón) | San Xulián de Vigo (San Xulián) | Souto (Santa María) | Vilamourel (San Xoán) | Vilouzás (San Salvador)

NotasEditar

Véxase taménEditar

BibliografíaEditar

  • Gómez-Iglesias Casal, A.: "O pazo de Montecelo", na revista Feira de Paderne, xullo de 2001.
  • Veiga Ferreira, Xosé María; Sobrino Ceballos, Juan (2004). "San Pantaleón das Viñas". A Xanela. Revista cultural das Mariñas (Betanzos) (18). 

Outros artigosEditar