Igrexa de San Francisco de Viveiro

templo relixioso en Viveiro
(Redirección desde «Convento de San Francisco de Viveiro»)

A igrexa do Convento de San Francisco é o templo católico da parroquia de Santiago de Viveiro (concello de Viveiro). É unha construción erixida no século XIV, con nave única.

Igrexa de San Francisco de Viveiro
Igrexa de San Francisco
PaísEspaña
LocalizaciónViveiro
Coordenadas43°39′48″N 7°35′40″O / 43.663195, -7.594397
DioceseDiocese de Mondoñedo-Ferrol
editar datos en Wikidata ]

Historia e características

editar

A súa construción comezárona os franciscanos xa no século XIII. Desta época consérvanse 3 arcos descubertos na reforma de 1945 e unha porta. A ábsida constitúe unha das máis fermosas da provincia.

No interior destaca o seu retablo renacentista doado e traído por Juan Dutton Aguilar dende os Países Baixos; este atópase na capela do baptisterio. Outro retablo a destacar é o da capela da Orde Terceira; de estilo barroco do século XVIII coa imaxe da Dolorosa como principal. Nesta capela gárdanse algúns procesionais.

En toda a igrexa atópanse distintos sepulcros. Os máis importantes atópanse na nave principal: o sepulcro da bieita Constanza (filla do señor medieval o mariscal Pero Pardo de Cela) e o sepulcro do poeta Pastor Díaz. Na sancristía atópase outro importante retablo coa imaxe do Cristo dos Mareantes, do século XIV. Gárdanse tamén alí algunhas vitrinas con reliquias dalgúns santos mártires.

O seu claustro data do século XVII.

Véxase tamén

editar

Outros artigos

editar