Fernando Fernández de Córdoba
Fernando Fernández de Córdoba, nado en Madrid o 28 de novembro de 1897 e finado no mesmo lugar o 28 de febreiro de 1982, foi un actor español.[1]
Fernando Fernández de Córdoba | |
---|---|
Nome completo | Fernando Fernández de Córdoba |
Nacemento | 28 de novembro de 1897 |
Lugar de nacemento | Madrid |
Falecemento | 28 de febreiro de 1982 |
Lugar de falecemento | Madrid |
Nacionalidade | española |
Ocupación | Actor |
Debut | 1919 |
Na rede | |
![]() ![]() | |
[ editar datos en Wikidata ] | |
TraxectoriaEditar
Comezou na carreira militar pero deixouna para dedicarse ao teatro. Debutou en 1919 na compañía de Manuel González e Carmen Muñoz e durante anos representou diversas obras até dar o paso ao cine. O primeiro filme no que participou foi Las de Méndez, un filme mudo de Fernando Delgado de 1927. Deuse a coñecer durante a Segunda República con filmes como Odio, Vidas rotas ou El genio alegre, cuxa rodaxe tivo que ser interrompida debido ao inicio da Guerra Civil.[2] E foi precisamente durante a contenda onde Fernández de Córdoba coñeceu a fama, pois era el o encargado de ler os partes de guerra que o bando nacional emitía por RNE, incluído o famoso último parte de guerra, emitido o 1 de abril de 1939 ás 22:30, que daba por rematada a guerra.[1][3]
Despois da guerra continuou co cine, converténdose nun dos actores secundarios máis habituais do cine de posguerra, aínda que tamén foi o protagonista dalgunhas producións como El famoso Carballeira, Sangre en la nieve ou El frente de los suspiros. A finais da década de 1950 deixa definitivamente a actuación para dedicarse á ensinanza e formación interpretativa. Dirixiu a Real Escuela Superior de Arte Dramático e logo viviu os seus últimos anos apartado de toda actividade profesional até a súa morte en 1982.
FilmografíaEditar
NotasEditar
- ↑ 1,0 1,1 "Falleció el actor Fernández de Córdoba, lector del último parte de la guerra civil". El País (en castelán). 2 de marzo de 1982. Consultado o 26 de agosto de 2018.
- ↑ "Fernando Fernández de Córdoba". Enciclopedia del Cine Español (en castelán). Consultado o 26 de agosto de 2018.
- ↑ "75 aniversario del fin de la Guerra Civil Española". 20 minutos (en castelán). 1 de abril de 2014. Consultado o 26 de agosto de 2018.
Véxase taménEditar
A Galipedia ten un portal sobre: Cine |
Ligazóns externasEditar
- Ficha de Fernando Fernández de Córdoba en IMDb (en inglés).