María Fernanda Ladrón de Guevara

actriz española

María Fernanda Ladrón de Guevara y Trápaga, nada en Madrid o 30 de maio de 1897 e finada en Madrid o 25 de abril de 1974,[1] foi unha actriz española.

Infotaula de personaMaría Fernanda Ladrón de Guevara
Biografía
Nacemento30 de maio de 1897 Editar o valor em Wikidata
Madrid, España Editar o valor em Wikidata
Morte25 de abril de 1974 Editar o valor em Wikidata (76 anos)
Madrid, España Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeEspaña Editar o valor em Wikidata
Actividade
OcupaciónActriz
Período de actividade1913 Editar o valor em Wikidata - 1974 Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua castelá Editar o valor em Wikidata
Familia
CónxuxePedro Larrañaga Editar o valor em Wikidata
FillosAmparo Rivelles, Carlos Larrañaga Editar o valor em Wikidata

IMDB: nm0480613 Find a Grave: 11917877 Editar o valor em Wikidata

Traxectoria editar

Debutou sobre o escenario o 13 de decembro de 1913 coa obra La Malquerida, na compañía de María Guerrero e Fernando Díaz de Mendoza, o seu padriño. Con esta compañía estreou, entre outras obras El retablo de Agrellano (1913), de Eduardo Marquina, Mamá (1913), de Gregorio Martínez Sierra, La fuerza del mal (1914), de Manuel Linares Rivas, Campo de armiño (1916) e La vestal de Occidente (1919), ambas as dúas de Jacinto Benavente e El último pecado (1918), de Pedro Muñoz Seca.

 
Ladrón de Guevara en Mundo Gráfico
 
María Ladrón de Guevara e Rafael Rivelles

Máis adiante cursou estudos de interpretación na Real Escuela Superior de Arte Dramática, da man de María Tubau.

En 1922 formou a súa propia compañía con Rafael Rivelles, actor co que acaba de contraer matrimonio, e puxo en escena grandes éxitos teatrais na época como Cancela, La madre guapa ou El bandido de la Sierra (1923).

Debutou na gran pantalla en 1930, coa película El embrujo de Sevilla, de Benito Perojo. Pouco despois trasladouse a Hollywood onde rodou a versión en castelán de varias películas norteamericanas.

Tras a finalización da Guerra Civil Española contraeu matrimonio en segundas nupcias con Pedro Larrañaga Ruiz-Gómez (falecido en 1944) e terminou por consolidarse como unha das grandes damas da escena española do século XX, con notables interpretacións especialmente do dramaturgo Jacinto Benavente.[2] A súa compañía disolveuse en 1959.

A súa carreira cinematográfica, con todo, mantívoa sempre nun segundo plano, aínda que poden mencionarse títulos como Rosas de otoño (1943), de Juan de Orduña, Altas variedades (1960), de Francesc Rovira-Beleta, Canción de arrabal (1961), de Enrique Carreras, ou El bosque del lobo (1970), de Pedro Olea.

En televisión protagonizou a serie Mi hijo y yo (1963), xunto a Juan Diego.

A tradición artística de María Fernanda Ladrón de Guevara perpetuouse a través dos seus fillos Amparo Rivelles e Carlos Larrañaga, e dos seus netos Amparo Larrañaga e Luis Merlo.

Filmografía editar

Cine editar

Ano Título Papel
1916 Hasta después de muerta
1931 La mujer X Jaquelina
1931 El embrujo de Sevilla Pastora
1931 Cheri-Bibi Cecilia
1931 El proceso de Mary Dugan Mary Dugan
1932 Niebla
1933 El hombre que se reía del amor
1935 Odio
1946 Rosas de otoño
1949 Sabela de Cambados Sabela
1959 Música de ayer Doña Lola Gasparín
1959 Miss Cuplé Stella Marco
1960 La fiel infantería Doña Julia
1960 Alfonso XII y María Cristina: ¿Dónde vas triste de ti? Isabel II
1960 Un ángel tuvo la culpa
1960 Altas variedades Doña Mercedes
1960 Una chica de Chicago
1961 La cumparsita Señora Cris
1965 La mentirosa
1966 La mujer perdida
1967 Encrucijada para una monja Madre Superiora
1969 Me enveneno de azules! María
1970 El bosque del lobo Gabriela

Televisión editar

Ano Título Papel Notas
1963 Gran teatro Abadesa 1 episodio: "Don Juan Tenorio"
1963 Mi hijo y yo
1964 Teatro de familia 1 episodio: "El Principe que Todo lo Aprendio en los Libros "
1968 El premio 1 episodio: "La saga de Selma Lagerlöf"
1969 Estudio 1 3 episodios: "Soledad I", "La enemiga", "Las brujas de Salem (II)"
1971 Cuentos y leyendas 1 episodio: "Miau"

Notas editar

  1. "Falecemento de María Fernanda Ladrón de Guevara". La Vanguardia (en castelán). 26 de abril de 1974. Consultado o 21 de agosto de 2018. 
  2. "Hemeroteca". ABC (en castelán). 23 de novembro de 1994. Consultado o 21 de agosto de 2018. 

Véxase tamén editar

Ligazóns externas editar