Juan de Orduña
Juan de Orduña, nado en Madrid o 27 de decembro de 1900 e finado na mesma cidade o 3 de febreiro de 1974, foi un actor e director de cine español.
Juan de Orduña | |
---|---|
![]() | |
Nome completo | Juan de Orduña y Fernández-Shaw |
Nacemento | 27 de decembro de 1900 |
Lugar | Madrid |
Falecemento | 3 de febreiro de 1974 |
Lugar | Madrid |
Nacionalidade | España |
Profesión | actor, director de cinema, guionista e realizador |
Na rede | |
![]() ![]() ![]() ![]() | |
[ editar datos en Wikidata ] | |
TraxectoriaEditar
Nado nunha familia de aristócratas cursa estudos de dereito. A súa carreira artística como actor comezou nos anos vinte, incorporándose á Compañía de teatro de Emilio Thuiller. En anos sucesivos intervén en numerosos títulos mudos. A partir da chegada do cine sonoro, a súa presenza ante a cámara espáciase, se ben aínda participaría en películas con certo renome como Nobleza baturra (1935), de Florián Rey.
A súa traxectoria como director é especialmente destacable na década que seguiu ao fin da guerra civil española. Convértese nun dos cineastas máis prolíficos do momento e tamén nun dos favoritos do público.
Na primeira metade dos anos corenta consolídase como un máis que correcto director de comedias ao gusto da época, como Tuvo la culpa Adán (1944) ou Ella, él y sus millones (1944).
A estética ampulosa e o gusto pola interpretación grandilocuente da Historia de España dos primeiros anos do franquismo, pronto se apoderan do espírito do cine da época e pasan a determinar, en boa medida, o perfil das películas de Orduña. Así, especialízase en dramas históricos que exaltan os valores patrióticos da España imperial, e que desfrutan do favor do público. Nesa época filma Locura de amor (1948), Agustina de Aragón (1950) -ámbalas dúas con Aurora Bautista-, La leona de Castilla (1951) ou Alba de América (1951).
A evolución nos gustos do público levaríao ao longo dos cincuenta a un novo xiro na temática do seu cine, e cerra a década rodando El último cuplé (1957), exitoso vehículo para o lucimento de Sara Montiel.
Os seus últimos anos adicounos a filmar zarzuelas, un xénero que viviu un certo rexurdimento durante os anos sesenta.
Filmografía como directorEditar
- Me has hecho perder el juicio (1973)
- Eusébio, la Pantera Negra (1973)
- El caserío (1972)
- El huésped del sevillano (1970)
- La tonta del bote (1970)
- Bohemios (1969)
- La canción del olvido (1969)
- La Revoltosa (1969)
- Despedida de casada (1968)
- Maruxa (1968)
- Anónima de asesinos (1967)
- Abajo espera la muerte (1966)
- Nobleza baturra (1965)
- Bochorno (1963)
- El amor de los amores (1962)
- Teresa de Jesús (1961)
- La tirana (1958)
- Música de ayer (1958)
- El último cuplé (1957)
- El Padre Pitillo (1955)
- Zalacaín el aventurero (1955)
- Cañas y barro (1954)
- Alba de América (1951)
- La leona de Castilla (1951)
- Agustina de Aragón (1950)
- Pequeñeces (1950)
- Tempestad en el alma (1949)
- Vendaval (1949)
- Mi enemigo el doctor (1948)
- Locura de amor (1948)
- La Lola se va a los puertos (1947)
- Serenata española (1947)
- Un drama nuevo (1946)
- Leyenda de feria (1946)
- Misión blanca (1946)
- Ella, él y sus millones (1944)
- La vida empieza a medianoche (1944)
- Yo no me caso (1944)
- Tuvo la culpa Adán (1944)
- Deliciosamente tontos (1943)
- Rosas de otoño (1943)
- Nostalgia (1942)
- El frente de los suspiros (1942)
- ¡A mí la legión! (1942)
- Porque te vi llorar (1941)
- Suite granadina (1940)
- Feria en Sevilla (1940)
- Una aventura de cine (1928)