Eusebio Poncela

actor español


Eusebio Poncela Aprea, nado en Madrid o 15 de setembro de 1947 é un actor, produtor e guionista español. Forxado no teatro do final do franquismo, o seu traballo en series de éxito e a súa vinculación co cine de autor convérteno nun dos actores máis representativos da Transición e dos primeiros anos da democracia.[1] En Galiza rodou Os gozos e as sombras e Continental.

Infotaula de personaEusebio Poncela

Editar o valor em Wikidata
Biografía
Nacemento15 de setembro de 1945 Editar o valor em Wikidata (78 anos)
Madrid, España Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeEspaña Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónactor , actor de televisión Editar o valor em Wikidata
Período de actividade1967 Editar o valor em Wikidata -
LinguaLingua castelá Editar o valor em Wikidata

IMDB: nm0690303 Allocine: 6796 Allmovie: p57296 BNE: XX1398113 Editar o valor em Wikidata

Traxectoria

editar

Despois de licenciarse en Arte Dramática, comezou a actuar no teatro a mediados dos anos 60. Debutou coa obra Mariana Pineda. Protagonizou Romeo e Xulieta xunto a María José Goyanes e un dos seus primeiros éxitos no teatro é Marat-Sade en compañía de Adolfo Marsillach. A partir de 1970 compaxinou a súa actividade teatral co cine e televisión; para Estudio 1 protagonizou, entre outros, Los bandidos, de Schiller, xunto con Juan Diego e Marisa Paredes.

Participa en filmes como Fuenteovejuna ou La muerte del escorpión, alternando papeis protagonistas e secundarios.

Destaca co filme Arrebato (1979), unha película innovadora de Iván Zulueta onde o poder absorbente da heroína corre paralelo ao poder hipnótico da imaxe. É unha película de vangarda, tanto na súa forma como no seu contido. Estreouse no contexto do movida madrileña e, a pesar do seu éxito, permaneceu na sombra durante os anos 80 e anos 90, até a súa reestrea en 2002 e a súa reedición en DVD.

Ese mesmo ano protagoniza Operación Ogro, dirixida por Gillo Pontecorvo.

O grande éxito de popularidade chega co seu papel de Carlos Deza na serie ambientada en Galiza Os gozos e as sombras (1982), adaptación da obra literaria de Gonzalo Torrente Ballester con Charo López, Amparo Rivelles e Carlos Larrañaga nos demais papeis principais. Anteriormente participara en Curro Jiménez e máis tarde, tamén para TVE, protagonizou Las aventuras de Pepe Carvalho, primeira adaptación como serie das novelas de Manuel Vázquez Montalbán.[2] En Galiza rodou tamén Continental de Xavier Villaverde, en 1989, un dos primeiros filmes do cine galego após o franquismo.[3]

Na década de 1980 converteuse nun actor popular no cine español. En 1986 participou na película Matador producida por Andrés Vicente Gómez baixo a dirección de Pedro Almodóvar. Ao ano seguinte participa en La ley del deseo, que conta a historia de Pablo (E. Poncela), un director de cine homosexual que coñece a Antonio (Antonio Banderas) a noite da estrea dunha das súas obras, que levará a tráxicas consecuencias.

Traballou con directores españois como Francisco Regueiro, Carlos Saura (El Dorado), Imanol Uribe (El rey pasmado) e Pilar Miró (Werther) entre outros.

Durante un tempo trasladouse a Arxentina, onde recibiu a chamada de Adolfo Aristarain para interpretar a Dante en Martín (Hache), recibindo excelentes críticas.[4] En 1993, participou como protagonista no videoclip Matador da banda de rock Los Fabulosos Cadillacs.[5]

En 2001 compartiu o papel protagonista con Ángela Molina en Sagitario, a estrea como director de Vicente Molina Foix, e aparece na miniserie Viento del pueblo, biografía de Miguel Hernández interpretada por Liberto Rabal. Outros filmes recentes son Tuno negro, Los Borgia ou Teresa, el cuerpo de Cristo.

Seguiu a súa carreira no teatro en coproducións como Intacto, xunto con Max von Sydow, pola que foi candidato ao Premio Goya como mellor actor, ou a arxentina Hermanas, de Julia Solomonoff, que repasa o antes e despois da ditadura militar.

En 2004 recibiu o Premio Nacional de Cinematografía Nacho Martínez que cada ano concede o Festival Internacional de Cine de Xixón.

En 2015 na serie Carlos, Rey Emperador interpretou ao cardeal Cisneros, papel que xa interpretara anteriormente na serie Isabel.[6] Tamén este ano aparece como Cisneros nun episodio da primeira tempada de El Ministerio del Tiempo.

Filmografía

editar

Obras de teatro

editar

Televisión

editar

Premios e nominacións

editar
Ano Categoría Serie de televisión resultado
2016 mellor actor Carlos, Rei Emperador Gañador
Ano Categoría película resultado
1998 Mellor actor secundario Martín (Hache) Gañador
Ano Categoría película resultado
2001 mellor actor intacto Nomeado
Ano Categoría película resultado
1997 Mellor actor español Martín (Hache) Gañador
1983 Mellor actor español El arreglo Gañador
2017 Premio especial á traxectoria profesional Gañador
Ano Categoría traballo resultado
1983 Mellor actor de cine El arreglo Nomeado
1982 Mellor intérprete de televisión Os gozos e as sombras Nomeado
Ano Categoría traballo resultado
2014 Mellor actor secundario de televisión Isabel Nomeado
Fantasporto
Festival Internacional de Cine de Xixón
  • Premio Nacional de Cinematografía Nacho Martínez (2004)
  1. "Vamonosarecordar; Eusebio Poncela". Facebook. Consultado o 2024-06-01. 
  2. "Movie Group: Manuel Vázquez Montalbán Adaptations". FilmAffinity (en inglés). Consultado o 2024-06-01. 
  3. programacion.cgai (2018-02-01). "Continental". Filmoteca de Galicia. Consultado o 2024-06-01. 
  4. "Martín (Hache)". Youtube. Consultado o 2024-06-01. 
  5. El infierno íntimo de Eusebio Poncela, El País, 28 de xaneiro de 1996
  6. RTVE.es (2015-02-02). "'Carlos, Rey Emperador' empieza a rodarse". RTVE.es (en castelán). Consultado o 2024-06-01. 
  7. RTVE.es (2017-04-25). "RNE celebra la gala de entrega de la 61ª edición de los Premios Sant Jordi de Cinematografía". RTVE.es (en castelán). Consultado o 2024-06-01. 

Véxase tamén

editar

Ligazóns externas

editar