Abrir o menú principal

Charo López

actriz española

María del Rosario López Piñuelas, coñecida como Charlo López, nada o 28 de outubro de 1943 en Salamanca, é unha actriz española.

Charo López
Charo López en Salamanca (fecha indeterminada).jpg
Nacemento28 de outubro de 1943
LugarSalamanca
NacionalidadeEspaña
Educada enUniversidade de Salamanca
Profesiónactriz e actriz de teatro
editar datos en Wikidata ]

TraxectoriaEditar

Naceu en Salamanca, Castela, o 28 de outubro de 1943. Cando era estudante de Filosofía e Letras participou en varias montaxes teatrais a través do chamado Teatro Español Universitario. Despois cursou estudos na Escola Oficial de Cinema. Traballou no teatro e na televisión destacando nas series "Los camioneros", de Mario Camus; "El pícaro", de Fernando Fernán Gómez; "Entre visillos", de Miguel Picazo ou "Fortunata y Jacinta", de Mario Camus. O seu alto recoñecemento chegou con "Os gozos e as sombras", pero o seu debut na pantalla grande foi en 1967 con "Ditirambo" de Gonzalo Suárez. Conseguiu el premio como mellor actriz no Festival de Berlín polo seu traballo en "La colmena".

En 1996 fixo "Secretos del corazón", la película de Montxo Armendáriz nomeada a un premio Oscar, e pola cal lle outorgaron o Premio Goya á mellor interpretación feminina secundaria. Entre o resto da súa filmografía destacan papeis breves en películas como "Plenilunio", de Imanol Uribe ou "Tiempos de Azucar", de Juan Luís Iborra e interpretacións protagonistas en "Nudos" ou "La soledad era esto". Fixo numerosas obras de teatro e no ano 2007 estivo de xira con "Tengamos el sexo en paz", adaptación da obra de Darío Fo e Franca Rame, coa cal debutou xa hai 10 anos.

Véxase taménEditar