Dario Fo

actor, director e escritor de teatro italiano

Dario Fo, nado en Sangiano o 24 de marzo de 1926 e finado en Milán o 13 de outubro de 2016, foi un actor, director e escritor de teatro italiano. As súas obras de teatro son de tipo cómico-satírico. Foi Premio Nobel de Literatura no ano 1997. Coñecido polos seus compromisos políticos, Dario Fo é un dos dramaturgos italianos máis representados no mundo con Goldoni.

Dario Fo
Nome completoDario Luigi Angelo Fo
Nacemento24 de marzo de 1926
LugarSangiano
Falecemento13 de outubro de 2016
LugarLuigi Sacco Hospital
Causadoenza respiratoria
SoterradoCemitério Monumental de Milão
NacionalidadeReino de Italia e Italia
EtniaPobo italiano
RelixiónBudismo
Educado enAccademia di belle arti
Cónxuxe(s)Franca Rame
FillosJacopo Fo
Profesióndirector teatral, actor de teatro, guionista, compositor, dramaturgo, actor de cinema, ilustrador, pintor, poeta, escenógrafo, satirico, escritor, diseñador de vestuario, actor e artista visual
Na rede
http://www.dariofo.it/
IMDB: nm0283700 IBDB: 4969
iTunes: 202623338 Musicbrainz: 91cd8e8f-550d-4be3-87e0-2bceb7f6c691 Songkick: 4119346 Discogs: 712689 Find a Grave: 171225415 Editar o valor em Wikidata
editar datos en Wikidata ]
Dario Fo.

Traxectoria editar

Fillo de Felice Fo e de Pina Rota, coñecidos polas súas actividades antifascistas. Foi voluntario con 17 anos, en 1943, como paracaidista da República de Salo.

Estudou na Academia de Belas Artes de Brera en Milán arquitectura e escenografia. Comezou a súa carreira teatral como actor e escritor de obras teatrais satíricas. En 1954, Fo casou coa actriz Franca Rame, con quen fundou en 1959 a compañía teatral Dario Fo - Franca Rame. Ambos fundaron o colectivo teatral Nuova Scena e posteriormente A Comuna (1970). Nos anos 60 as súas obras para a televisión adoitaban ser censuradas, razón pola cal volveu ao mundo do teatro.

No 2002 publicou a súa autobiografía O país dos morcegos.

Ideas editar

As ideas de Fo están na contorna da esquerda política italiana.[Cómpre referencia] Escribiu acedas sátiras políticas arremetendo sen piedade contra o poder político, o capitalismo, a mafia e o Vaticano.

Obra editar

Véxase tamén editar

Outros artigos editar

Ligazóns externas editar