Franca Rame, nada en Parabiago (Lombardía) o 18 de xullo de 1929 e finada en Milán o 29 de maio de 2013, foi unha actriz de teatro, escritora e política italiana.[1]

Infotaula de personaFranca Rame

(década de 1960) Editar o valor em Wikidata
Biografía
Nacemento18 de xullo de 1929 Editar o valor em Wikidata
Parabiago, Italia Editar o valor em Wikidata
Morte29 de maio de 2013 Editar o valor em Wikidata (83 anos)
Milán, Italia Editar o valor em Wikidata
Causa da morteMorte natural Editar o valor em Wikidata (Ictus Editar o valor em Wikidata)
Lugar de sepulturaCemitério Monumental de Milão (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
Senador de Italia
28 de abril de 2006 – 28 de abril de 2008
Lexislatura: 15th Legislature of Italy (en) Traducir
Senador de Italia
18 de abril de 2006 – 28 de abril de 2008
Lexislatura: 14th Legislature of Italy (en) Traducir
Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
ResidenciaMilán Editar o valor em Wikidata
País de nacionalidadeItalia (1946–2013)
Reino de Italia (1929–1946) Editar o valor em Wikidata
RelixiónAteísmo Editar o valor em Wikidata
Actividade
Lugar de traballo Roma Editar o valor em Wikidata
Ocupaciónactriz, escritora, política
Período de actividade1951 Editar o valor em Wikidata - 2013 Editar o valor em Wikidata
Partido políticoPartido da Refundação Comunista (pt) Traducir (2010–)
Partido Comunista Italiano (1967–)
Itália de Valores (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
Membro de
LinguaLingua italiana Editar o valor em Wikidata
Familia
CónxuxeDario Fo (1954–2013), morte
FillosJacopo Fo Editar o valor em Wikidata
PaiDomenico Rame (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
IrmánsEnrico Rame (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata

Páxina webfrancarame.it Editar o valor em Wikidata
IMDB: nm0708145 Allocine: 26288
Youtube: UC5BcKLwtn-PsV6RDrOXTv6g Musicbrainz: 662850d9-79ca-4976-a73a-a1e0d0b49ffb Discogs: 1615857 Find a Grave: 111592069 Editar o valor em Wikidata

Traxectoria editar

Naceu en Parabiago, nunha familia cunha longa e extensa tradición teatral. Debutou no teatro en 1951. Pouco despois, coñeceu a Dario Fo, dramaturgo italiano, e casaron en 1954. O seu fillo, Jacopo Fo naceu o 31 de marzo de 1955. En 1958, fundou xunto co seu marido a compañía teatral Dario Fo-Franca Rame en Milán, Fo era o director e escritor, e Rame a actriz protagonista e administradora. Un ano máis tarde estreaban a peza de Fo Gli arcangeli non giocano a flipper.

Rame continuou traballando con Fo en numerosas obras de teatro e en varias compañías de teatro, alcanzando un éxito popular. A partir de 1968 o matrimonio crea un colectivo teatral independente, por razóns políticas e ideolóxicas, onde actuou en obras teatrais satíricas e de contracultura moi comprometidas, lembrando a Morte accidental dun anarquista e Non si paga, non si paga!. Xunto co seu marido apoiou a organización italiana Soccorso Rosso Militante.

Nos anos 70 participou no movemento feminista interpretando os seus propios textos: Tutta casa, letto e chiesa, Grasso è belo!, La madre.

En marzo de 1973, foi secuestrada por un grupo de extrema dereita e violada, sufrindo múltiples e importantes feridas. Posteriormente escribiu o monologo Lo stupro (A violación), inspirado na súa experiencia persoal.

Nas eleccións xerais de Italia de 2006 foi candidata ao Senado por Piamonte, Lombardía, Véneto, Emilia-Romaña, Toscana e a Umbría entre as filas do partido político Italia dei Valori. Foi elixida senadora en Piamonte. Tamén en 2006, Antonio Di Pietro propúxoa ao cargo de Presidenta da República. Recibiu vinte e catro votos.

Deixou o Senado en 2008. En 2009, xunto co seu marido Dario Fo escribiu a súa autobiografía Una vita all'improvvisa.

Faleceu en Milán o 29 de maio de 2013, aos 83 anos.[1]

Notas editar

  1. 1,0 1,1 "El teatro europeo y Dario Fo pierden a Franca Rame". El País. 29 de maio de 2013. Consultado o 29 de maio de 2013. (en castelán)

Véxase tamén editar

Ligazóns externas editar