Terele Pávez

actriz española

Teresa Marta Ruiz Penella, coñecida artisticamente como Terele Pávez,[1] nada en Bilbao o 29 de xullo de 1939 e finada en Madrid o 11 de agosto de 2017, foi unha actriz española gañadora do premio Goya á mellor actriz secundaria polo filme Las brujas Zugarramurdi.

Modelo:BiografíaTerele Pávez

Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacemento(es) María Teresa Ruiz Penella Editar o valor en Wikidata
29 de xullo de 1939 Editar o valor en Wikidata
Bilbao, España Editar o valor en Wikidata
Morte11 de agosto de 2017 Editar o valor en Wikidata (78 anos)
Madrid, España Editar o valor en Wikidata
Causa da mortehemorraxia cerebral Editar o valor en Wikidata
Outros nomesTerele Pávez Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupaciónactriz, actriz de cinema, actriz de teatro Editar o valor en Wikidata
Período de actividade1953 Editar o valor en Wikidata - 2017 Editar o valor en Wikidata
Familia
PaiRamón Ruiz Alonso Editar o valor en Wikidata
IrmánsEmma Penella
Elisa Montés Editar o valor en Wikidata
Premios

IMDB: nm0701715 Allmovie: p55543 TCM: 1304905 BNE: XX1277089 Editar o valor en Wikidata

O seu apelido artístico, Pávez, proviña do segundo apelido da súa avoa materna, Emma Silva Pávez, de orixe chilena, e que empregaba para distinguirse artisticamente das súas irmás.

Traxectoria

editar

Naceu en Bilbao, pero creceu e viviu en Madrid, de onde se consideraba. Era filla do político Ramón Ruiz Alonso (1903-1978) e de Magdalena Penella Silva (finada en 1974), irmá da actriz de xénero lírico Teresita Silva. Pertencía a unha dinastía de artistas: era neta e bisneta respectivamente dos compositores Manuel Penella Moreno e Manuel Penella Raga e irmá máis nova das tamén actrices Emma Penella e Elisa Montés. Tamén tivo outra irmá que non se dedicou á interpretación, María Julia (1937-2017, falecida un mes antes que Terele).

Seguiu o camiño emprendido polas súas irmás e axiña decidiu dedicarse ao mundo da interpretación. A súa voz desgarrada e certa fama de actriz tráxica levárona a encarnar en múltiples ocasións a muller que vive ao bordo da miseria, resentida pola rabia e a desesperación.

Primeira etapa: de Berlanga a Los santos inocentes

editar

Con doce anos rodou o seu primeiro filme, Novio a la vista de Luis García Berlanga, papel conseguido por Jesús Franco, amigo da familia, que a dirixiu en Tenemos 18 anos (1959). Sendo as súas irmás máis vellas Emma e Elisa xa reputadas intérpretes, Terele foi a terceira da súa familia en facerse actriz. As tres irmás só rodaron un filme xuntas, La cuarta ventana (Julio Coll, 1963).

Destacou tamén no teatro, ás ordes de Miguel Narros ou Adolfo Marsillach; en 1968 protagonizou con éxito La casa de las chivas, que tamén realizou para Televisión española, ademais de intervir nalgúns espazos dramáticos (Estudio 1, Novela).[2] En 1978 interpretou a personaxe de Elicia nunha montaxe da Celestina encabezado por Irene Gutiérrez Caba.

A súa presenza no cinema foi intermitente durante as décadas de 1960 e 1970, reducíndose a papeis secundarios como o de Mauricia en Fortunata y Jacinta, filme que produciu o seu cuñado Emiliano Piedra e protagonizou a súa irmá Emma Penella, e interveu nas series de televisión Juan y Manuela, Cañas y barro e La barraca. Traballou tamén en filmes da Transición como Tatuaje (1976) de Bigas Luna e Carne apaleada (1978) de Javier Aguirre xunto a Esperanza Roy.

Nesa época naceu o seu único fillo, Carolo Ruiz, froito da relación co editor José Benito Alique (falecido en 2008). Pávez non quixo que José Benito recoñecese a paternidade do neno.[3] Previamente, a mediados da década dos 60, a actriz mantivera unha relación co pintor guipuscoano Rafael Ruiz Balerdi, quen a retratou en varias ocasións.

Tras un tempo de menor actividade, en 1983 Mario Camus ofreceulle a personaxe de Régula no filme baseado na novela de Miguel Delibes Los santos inocentes, traballo cume na súa carreira que lle achegou un recoñecemento unánime. Pouco despois encarnou a última muller axustizada por garrote vil no caso das envelenadas de Valencia, capítulo da teleserie La huella del crimen que dirixiu Pedro Olea.

Até 1989 interveu en varios filmes, entre eles Réquiem por un campesino español, o éxito El Lute II: mañana seré libre, de Vicente Aranda e especialmente en Laura, del cielo llega la noche, de Gonzalo Herralde e Diario de invierno, de Francisco Regueiro, que lle valeron senllas candidaturas como mellor actriz secundaria aos Premios Goya de 1987 e 1988. Con todo, viviu uns anos de certo ostracismo a comezos da década de 1990.

Segunda etapa: de El día de la bestia a Cuéntame cómo pasó

editar

En 1995 Álex de la Iglesia recuperou a Pávez para o gran público en El día de la bestia, desatendendo os produtores que a consideraban "unha muller difícil". Interpretou unha viúva típica da España máis retrógrada, que con orgullo conserva a memoria doutros tempos nunha fotografía de Tejero. En varios dos seus filmes, de la Iglesia logrou extraer da actriz unha vis cómica descoñecida.

Gerardo Vera chamouna ao ano seguinte para encabezar o elenco dunha versión en cinema de La Celestina, onde daba vida á alcaiota cuxas malas artes desencadean a traxedia. Regresou ao teatro en 1998 con Madre Caballo, obra de Antonio Onetti con música de Tomatito.

En 2000 consolidou a súa crecente aceptación na industria coa súa interpretación en La comunidad (Álex de la Iglesia), na que se dedica a perseguir polos tellados de Madrid a unha Carmen Maura que se apodera de todo o diñeiro dun veciño falecido e que lle valeu unha nova candidatura aos premios Goya.

Dous anos despois, incorporouse ao elenco da serie Cuéntame cómo pasó, onde encarnou unha muller de aldea, Purificación Barbadillo, nai de catro fillos e unha filla morta e viúva dun home fusilado polo bando sublevado, resentida polo abandono do seu fillo máis novo, Antonio Alcántara. Pávez foi recompensada co seu terceiro premio da Unión de Actores, así como unha sexta candidatura aos Fotogramas de Prata.

Posteriormente, interpretou personaxes máis próximos á comedia tanto no cinema (800 balas) como na televisión e tamén foi homenaxeada pola súa traxectoria nos festivais cinematográficos de Fontes de Ebro (2005), Alacante (2006) e Valencia (2008). Ademais, pola súa vinculación coa obra de Fernando de Rojas, o concello toledano de La Puebla de Montalbán concedeulle en 2008 o primeiro Premio Celestina.

Últimos traballos e premio Goya

editar

En 2009 volveu ao teatro encabezando a comedia La duquesa al hoyo... y la viuda al bollo, inspirada nos últimos días da coñecida como Duquesa Vermella. Ao ano seguinte protagonizou a comedia Mamááááá!!!, xunto a Carles Castillo e dirixida polo grupo teatral La Recua Teatro. Por esta interpretación foi galardoada polos Amigos do Teatro de Valladolid co premio Meliá Recoletos.[4]

Compaxinou a xira cun pequeno papel no filme Balada triste de trompeta, sendo a súa cuarta colaboración con Álex de la Iglesia. A pesar do seu breve labor, a Academia de Cine tívoa en conta nomeándoa por cuarta vez ao Goya.

En 2013 estreou outro proxecto con Álex de la Iglesia, Las brujas de Zugarramurdi, onde tiña un lucido papel de bruxa polo que gañou o Goya.

Falecemento

editar

Faleceu o 11 de agosto de 2017 aos 78 anos de idade por mor dun derramo cerebral no Hospital La Paz de Madrid.[5] Foi incinerada o domingo 13 de agosto de 2017 no Tanatorio-Crematorio del Escorial (Madrid).

Premios Pávez

editar

En 2014 creáronse en Talavera de la Reina uns premios dedicados a premiar o traballo dos realizadores de curtametraxes en cada un dos departamentos dunha produción. Os seus creadores optaron por chamalos "Premios Pávez" como homenaxe á actriz, que estivo presente na primeira cerimonia de entrega.[6]

Filmografía parcial

editar