Garrote
O garrote, máis coñecido como garrote vil, é un instrumento para executar a pena de morte. Consiste nun pau cun colar de ferro que comprime a gorxa atravesado por un parafuso. Ao virar este, causa a rotura do pescozo.
Características
editarO seu nome provén do medievo, época en que o medio de execución da plebe, dos viles (“vil”), era a garrotazos (“garrote”), a diferenza dos nobres, axustizados por decapitación con espada ou machado.
Empregado dende a Idade Media, foi un método de execución legal en Portugal e en España. Tamén se aplicou en países de colonización española, como Cuba, Filipinas ou Porto Rico. En Inglaterra usábase para axustizar a condenados por herexía antes de queimalos.
O seu uso en España remóntase a 1820, pero convértese no medio de axustizamento oficial en 1832, cando o rei Fernando VII impón este método por consideralo máis rápido cá forca, o utilizado ata entón.
A pena de morte estivo vixente ata que a Constitución Española de 1978 a aboliu. Os últimos executados por garrote vil en España foron, en 1974, o anarquista catalán Salvador Puig Antich e mailo delincuente común Heinz Ches, en ambos os casos o 2 de marzo dese ano. A película Salvador (Puig Antich), de 2006, relata os últimos anos do mozo, tamén coñecido como el Metge (o médico), e a súa execución mediante o garrote vil.
Véxase tamén
editarWikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Garrote |