Salvador (Puig Antich)

filme de 2006 dirixido por Manuel Huerga

Salvador (Puig Antich) é un filme español de 2006 dirixido por Manuel Huerga e protagonizada por Daniel Brühl. Baséase no libro de 2001 de Francesc Escribano Cuenta atrás. La historia de Salvador Puig Antich.[1] O filme reconstrúe os últimos anos, a detención, o proceso e a execución por medio de garrote vil de Salvador Puig Antich o 2 de marzo de 1974. Gañou o Premio Goya ó mellor guión adaptado, escrito por Lluís Arcarazo.

Salvador (Puig Antich)
Ficha técnica
Título orixinalSalvador (Puig Antich)
DirectorManuel Huerga
ProdutorJaume Roures
GuiónLluís Arcarazo
Baseado enLibro de Francesc Escribano
IntérpretesDaniel Brühl
Tristán Ulloa
Leonardo Sbaraglia
Leonor Watling
Ingrid Rubio
MúsicaLluís Llach
FotografíaDavid Omedes
MontaxeAixalà
Santi Borricón
EstudioFuture Films
Mediapro
Distribuidora20th Century Fox
Estrea8 de setembro de 2006
Duración134 minutos
OrixeEspaña España
Reino Unido Reino Unido
XéneroDrama
Recadación2,7 millóns de €
Na rede
IMDB: tt0445691 Filmaffinity: 837419 Allocine: 111314 Rottentomatoes: m/10006953-salvador Allmovie: v350364 TCM: 649140 Editar o valor em Wikidata

O filme estreouse na sección Un Certain Regard do Festival Internacional de Cinema de Cannes de 2006.[2]

Sinopse editar

A finais da ditadura franquista, un grupo anarquista coñecido como Movemento Ibérico de Liberación (MIL) dedícase a cometer atracos co obxectivo de obter cartos para as súas actividades en contra da ditadura. Mais a situación muda cando no medio dun tiroteo morre un policía e o acusado é un dos seus membros: Salvador Puig Antich (Daniel Brühl). Xulgado por un consello de guerra que fixo desaparecer probas, Salvador foi sentenciado a morte e fixo o posíbel por demostrar a súa inocencia.

Personaxes editar

Notas editar

  1. ISBN 84-8307-332-3
  2. "Festival de Cannes: Salvador". festival-cannes.com. Arquivado dende o orixinal o 12 de outubro de 2012. Consultado o 2009-12-16. 

Véxase tamén editar

Ligazóns externas editar