Á espera de Godot

obra de teatro de Samuel Beckett

Á espera de Godot[1] (en francés: En attendant Godot) é unha obra pertencente ó teatro do absurdo, escrita a finais da década de 1940 por Samuel Beckett e publicada en 1952 por Éditions de Minuit. A estrea como obra teatral, dirixida por Roger Blin, realizouse o 5 de xaneiro de 1953 no Théâtre de Babylone de París. Beckett escribiu a obra orixinalmente en francés, a súa segunda lingua. A tradución ó inglés foi realizada polo mesmo Beckett e publicada en 1955.[2]

Á espera de Godot
Á espera de Godot por Otomar Krejca, no festival de Aviñón en 1978.
Título orixinalEn attendant Godot
Autor/aSamuel Beckett
OrixeIrlanda
LinguaFrancés
ColecciónBiblioteca Galega de Clásicos Universais
Xénero(s)Traxicomedia
EditorialFrancia Éditions de Minuit
Galicia Edicións Laiovento
Data de pub.Francia 1952
Galicia 2003
Páxinas137 (gl)
ISBNISBN 84-8487-020-0
TraduciónFrancisco Pillado Mayor
editar datos en Wikidata ]
Lucky e Pozzo.

A obra divídese en dous actos, e en ámbolos dous aparecen dous vagabundos chamados Vladimir e Estragon que esperan en balde xunto a un camiño a un tal Godot, con quen (quizais) teñen algunha cita. O público nunca chega a saber quen é Godot, ou que tipo de asunto teñen que tratar con el. En cada acto, aparecen o cruel Pozzo e o seu escravo Lucky (en inglés, «afortunado»), seguidos dun raparigo que fai chegar a mensaxe a Vladimir e Estragon de que Godot non virá hoxe, "pero mañá seguro que si".

Esta trama, que intencionalmente non ten ningún feito relevante e é altamente repetitiva, simboliza o tedio e a carencia de significado da vida humana, tema recorrente do existencialismo. Unha interpretación estendida do misteriosamente ausente Godot é que representa a Deus (en inglés: God), aínda que Beckett sempre negou isto.[3] Beckett afirmou que derivaba de godillot, que en xerga francesa significa bota. O título podería entón suxerir que os personaxes están a esperar «á bota».[4] Como nome propio, Godot tamén pode ser un derivado de diferentes verbos franceses.

Foi traducida ó galego por Francisco Pillado Mayor e foi publicada pola Edicións Laiovento no ano 2003.[1] No ano 2005, foi publicado de novo coa tradución de Pillado Mayor dentro da colección Biblioteca Galega de Clásicos Universais.[5]

Representacións en Galicia editar

A obra foi estreada en 1984 pola Compañía Luís Seoane na Coruña, e representada en 1989 por Teatro Galileo e en 1991 pola Aula de Teatro da Universidade de Santiago, as dúas nesta cidade.

Notas editar

  1. 1,0 1,1 Á espera de Godot. Traducido por Francisco Pillado Mayor (1ª ed.). Santiago de Compostela: Edicións Laiovento. 2003. ISBN 84-8487-020-0 – vía Biblioteca da Tradución Galega. 
  2. "Esperando a Godot: la ilusión de la parusía" (PDF). 2012. Consultado o 2 de novembro de 2015. 
  3. SB to Barney Rosset, 18th October 1954 (Syracuse). Quoted in Knowlson, J., Damned to Fame: The Life of Samuel Beckett (Londres: Bloomsbury, 1996), p 412
  4. Velissariou, Aspasia (1982). "Language in Waiting for Godot". Journal of Beckett Studies. outono (8). 
  5. Á espera de Godot. Traducido por Francisco Pillado Mayor (1ª ed.). Arteixo: La Voz de Galicia. 2005. ISBN 84-9757-207-6 – vía Biblioteca da Tradución Galega. 

Véxase tamén editar

Outros artigos editar