Os celos son unha emoción tipicamente referida a pensamentos e sentimentos negativos de inseguridade, medo e/ou ansiedade sobre unha perda anticipada de algo de gran valor persoal, particularmente referido a unha relación humana.

Jealousy and Flirtation.

Os celos, polo xeral, consisten nunha combinación de emocións como o resentimento, a xenreira, o desgusto,...

Orixinalmente, os celos teñen un significado diferente de envexa, aínda que os dous termos adquiriron a calidade de sinónimos polo seu uso popular na linguaxe falada. Os celos son unha experiencia concreta percibida nas relacións humanas e foron observadas en nenos cunha idade a partir de cinco meses.

Mentres que algunha xente di que os celos son comúns en todas as culturas, outros afirman que esta emoción é un fenómeno cultural específico.

Os celos, polo xeral, son reforzados por unha serie de sentimentos fortes e particulares e están considerados como unha experiencia humana universal; foron representados nunha gran cantidade de obras artísticas. Os psicólogos teñen proposto varios modelos dos procesos subxacentes dos celos e teñen identificado varios factores que poden desembocar nese sentimento. Os sociólogos demostraron que as crenzas e os valores culturais xogan un importante papel para determinar que é o que desencadea nos celos e cales son as expresións de celos socialmente aceptadas. Os biólogos identificaron factores que poden influenciar, de maneiras inconsciente, na expresión dos celos. Os artistas teñen explorado o tema dos celos mediante fotografías, pinturas, cancións, xogos, poemas e libros. Os teólogos teñen ofrecido os seus puntos de vista relixiosos acerca dos celos, baseados nas escrituras das súas respectivas crenzas.

Etimoloxía editar

Esta termo provén da palabra francesa jalousie, formada por jaloux (celos) , que á súa vez provén do latín vulgar zelosus (cheo de celos), adoptada do grego ζήλος.

Dende que William Shakespeare usou termos como "green-eyed monster" (mostro de ollos verdes), a cor verde foi asociada cos celos e a envexa, creando así expresións como "verde de envexa".

Celos amorosos editar

Os celos amorosos pódense expresar en cinco factores antecedentes:

  1. Factores sociobiolóxicos
  2. Factores históricos e culturais
  3. Factores da personalidade
  4. Factores da relación
  5. Factores situacionais e estratéxicos

Os factores sociolóxicos lidian coas estratexias reprodutivas. Os machos só poden asegurar o seu "dereito" á paternidade restrinxindo este mesmo "dereito" aos demais machos. As femias inclínanse máis por tentar atopar recursos valiosos nun macho que en aproveitar oportunidades reprodutivas actuais; así pois, son máis a dadas a facer unha selección máis exhaustiva. Os homes adoitan usar as seguintes tácticas máis que as mulleres: a) Visualización dos recursos b) Ocultamento da amizade c) Submisión e humillación d) Violencia e ameazas sexuais. Como factores sociobiolóxicos, os homes e as mulleres teñen, cultural e historicamente, estados de emocións moi similares acerca dos celos. Os factores da personalidade son outra ameaza máis que almacenan os celos, tanto en homes como en mulleres, os cales varían dependendo do tipo de relación existente. Os factores da relación, así como os factores emocionais, foron atopados en diferente medida dependendo do compromiso, da inversión emocional e do nivel de alternativas na relación. Os factores situacionais inclúen eventos críticos que poden chegar a inducir aos celos, sendo uns factores moi comúns e facilmente estimulables. Os últimos son os factores estratéxicos, os cales se inclúen cando os individuos non son conscientes dos factores culturais e sociobiolóxicos que promoven un comportamento comunicativo concreto.

Celos sexuais editar

Os celos sexuais nos humanos adoitan aparecer cando unha persoa que resulta importante para un individuo, mostra un interese sexual en outra persoa.

Patoloxía editar

A psicoloxía actual explica que os celos son unha resposta natural ante a ameaza de perder a unha relación interpersoal para a persoa celosa. Os celos parecen estar presentes en todas as persoas. Unha característica que parece demostrarse nesas persoas celosas é ter trazos de egoísmo. Os celos tamén teñen relación coa vergoña que é unha resposta natural do organismo. Moitas delas, unha vez que as padecen, sorpréndense de si mesmos xa que nin sequera sospeitaban que as padecesen. Os celos poden ser saudables cando o que se demanda é algo que se debe facer sobre unha base de equidade na parella; con todo acudir a este tipo de condutas reflicte carencias persoais moi profundas. O celo carnal exprésase cando se fan demandas inadecuadas e cando exercen sentimentos enfermizos porque as demandas non son satisfeitas.

Este sentimento reflicte certa inseguridade emocional por perder dominio ou sentir menoscabo nunha relación interpersoal. Os celos maniféstanse ante a aparición dunha situación ou persoa que o eu máis interno ordena como moito máis dominante e competitivo. Os celos provocan que o suxeito que os padece se sinta vulnerado e exerza un predominio da persoa obxecto do celo, atrapando unha rede de circunstancias opresivas tales coma privala de liberdade, illala, seguila ao traballo, revisar as súas relacións externas, buscar unha evidencia de traizón etc.

Celos patolóxicos editar

Os celos mal levados ó extremo constitúen unha patoloxía fortemente autodestrutiva; o suxeito que padece esta enfermidade "vive" nun estado de infelicidade, en función dos seus medos e sospeitas de engano, moitas veces completamente infundados e practicamente non acepta outra condición de verdade que non sexan as evidencias que confirman a súa inseguridade na relación. Os celos patolóxicos poden manifestarse indistintamente en homes ou mulleres.

Os celos causan moitas angustias e infelicidade e provocan dano ao ser obxecto do celo, mesmo ata provocar unha resposta física de agresión desmedida rematando, na reclusión (secuestro), no asasinato ou na agresión física. Este nivel de celo é moi difícil de curar e as persoas que o padecen teñen grandes posibilidades de chegaren a situacións extremas se non se someten a un especialista. Existen países coma España que tomaron medidas no asunto debido á gran cantidade de casos de violencia de xénero causada polos celos. O remedio está baseado na recuperación da confianza na relación de parella e da seguridade de si mesmo recoñecendo o espazo vital que toda parella debe ter e que non debe ser invadida polo outro. A prevención está relacionada coa aprendizaxe durante a infancia dos valores da tolerancia, o respecto e o recoñecemento dos dereitos do outro. Ademais, tamén se poden previr cunha boa comunicación na parella. Unha vez desenvolvidos os celos, a terapia psicolóxica pode ser moi útil. Se hai unha patoloxía, a terapia psicolóxica debe abordala. Nos casos de delirio, o enfoque é farmacolóxico.

Tipos de celos editar

  • Celos de confraternidade: son os chamados celos dun fillo que vai ter un irmán.
  • Celos xuvenís: están presentes en relacións xuvenís na adolescencia, en situacións de competencia na busca de parella..
  • Celos amorosos: é o máis común de todos, moitos filósofos, científicos, relixiosos, grandes eruditos e neurólogos defenden a teoría de que os celos son a envexa e o egoísmo dunha persoa atraída polo sexo oposto que está a ser pretendida por outro individuo do seu mesmo xénero. e dicir: home namorado + muller + outro home namorado da mesma muller é igual a celos, e a viceversa. Moitos concordan que os celos dos varóns son máis grandes que os celos das mulleres, xa que o seu cerebro ten máis ampla a hipófise, que controla este sentimento, e a testosterona fai que o seu instinto de procreación e protección cara a súa femia o fagan perder máis doadamente a cordura, e ingresar aos celos.

Celos sen parella editar

Nalgúns casos pódese sentir celos sen ter parella; pode ser dun compañeiro/a de traballo ou escola de quen se teña certa atracción. É un dos problemas sentimentais máis comúns entre os adolescentes e a xuventude.

As relacións amorosas ocupan unha boa parte do tempo e espazos mentais. Cando se vive situacións de celos, exclusión e abandono, experimenta un enorme sufrimento.

Puntos de vista da antropoloxía editar

A psicoloxía evolucionista clásica admite que os celos son un fenómeno universal propio da especie humana, con diferenzas debidas ao xénero da persoa baseándose no suposto de que a especie viviu sempre en contextos de emparellamentos monogámicos, certeza sobre á paternidade e dependencia material e simbólica (alimentación, seguridade, status) da muller con respecto ao varón. Así os celos das mulleres deberían estar motivados pola "infidelidade" emocional do varón (unha forma de reaccionar á posibilidade de que o varón deixe de ser o seu provedor) e os celos do varón, pola infidelidade sexual da muller (unha forma de reaccionar á posibilidad de estar provendo a fillos que non teñen a súa carga xenética).

Van Sommers ofrece unha mirada híbrida. Sobre a base do estudo de primates xeneticamente próximos aos humanos, que non parecen presentar comportamentos celosos, conclúe que non hai un imperativo biolóxico para os celos e que estes son un produto basicamente cultural, pero o feito de que en todas as sociedades onde se dan relacións sexuais "emocionalmente cargadas" se impoñen os celos adultos e as dificultades que experimentaron individuos e grupos da nosa sociedade que intentaron evadilos, parece indicar que hai raíces biolóxicas para os celos[1].

Notas editar

  1. BUSS, 1993 Citado por FERNÁNDEZ, Ana María y otros. Diferencias sexuales en los celos En Universitas Psychologica Bogotá Colombia 2 (2) 101-107 julio-diciembre 2003