En medicina, terapia,[1] ou tratamento,[2] [3] é o conxunto de medios de calquera clase (hixiénicos, farmacolóxicos, cirúrxicos ou físicos) cuxa finalidade é a curación ou o alivio (paliación) das enfermidades ou os síntomas delas.

"Goya atendido por Arrieta". Óleo de Francisco de Goya (1820).

Non se debe confundir con terapéutica,[4] [5] que é a rama das ciencias da saúde que se ocupa dos medios empregados e a súa forma de aplicalos no tratamento das enfermidades.[6]

Etimoloxía

editar

O termo terapia é a adaptación galega do latín científico therapia, voz introducida en 1846, que procede do grego antigo θεραπεία therapeía, "servizo", "coidado do corpo", "tratamento médico".[7]

Tipos de tratamentos

editar
 
Piscina de balneoterapia en Széchenyi Bath, Budapest.
 
Radioterapia da pelve.

Formas de aplicar os tratamentos

editar
  • Terapia individual, é a aplicada a un só paciente.
  • Terapia de grupo, é aplicada a varios pacientes á vez.
  • Tratamento alternativo, é o prescrito por unha persoa, xeralmente sen formación médica homologada, e sen demostración científica da súa eficacia.
  • Tratamento conservador, é o que evita procedementos cruentos, como os cirúrxicos ou instrumentais, e que utiliza medidas pouco agresivas tendentes a manter ou mellorar a situación xeral do enfermo e a controlar no posíbel o curso da enfermidade.
  • Tratamento curativo, é o que tras ser aplicado se consegue unha reversión total da enfermidade.
  • Tratamento específico, é o dirixido contra unha enfermidade concreta.
  • Tratamento etiolóxico, é o que actúa directamente sobre a causa que orixina a enfermidade.
  • Tratamento paliativo, é o que intenta aliviar ou ofrecer o máximo benestar ao paciente porque non se pode alcanzar un tratamento curativo.
  • Tratamiento radical, é o que intenta erradicar a enfermidade utilizando todas as medidas dispoñíbeis en medicina.
  • Tratamento sintomático, é o que calma ou alivia os síntomas naquelas enfermidades que se descoñecen ou que non teñen un tratamento eficaz.
  • Tratamiento non farmacolóxico, é a intervención non química, teoricamente sustentada, focalizada e replicábel, realizada sobre o paciente ou o coidador e potencialmente capaz de obter un beneficio relevante.
  1. terapia no Dicionario da RAG.
  2. tratamento no Dicionario da RAG.
  3. tratamento no Dicionario galego de termos médicos. Real Academia de Medicina e Cirurxía de Galicia / Xunta de Galicia. Consellería de Educación e Ordenación Universitaria. Santiago de Compostela, 2002, ISBN 84-453-3371-2.
  4. trerapéutica no Dicionario da RAG.
  5. terapéutica no Dicionario galego de termos médicos.
  6. Porén, o Dicionario galego de termos médicos considera como sinónimos "terapéutica", "tratamento" e "terapia". Cf. estes tres termos nese dicionario.
  7. therapy no Online Etymology Dictionary,

Véxase tamén

editar

Bibliografía

editar
  • Agencia Española de Medicamentos y Productos Sanitarios (2006): Guía de prescripción terapéutica. Barcelona: Pharma. ISBN 84-95993-11-2.
  • Brunton, L. L.; Lazo, J. S, & Parker, K. L., editores (2007): Goodman and Gilman. Las bases farmacológicas de la terapéutica, 11ª ed. México: McGraw-Hill. ISBN 978-970-10-5739-1.
  • Agencia Española de Medicamentos y Productos Sanitarios (2007): Formulario nacional, 1ª ed. Madrid: Editorial Díaz de Santos, S. A. ISBN 978-84-7978-813-1.

Outros artigos

editar

Ligazóns externas

editar