Ciencias da saúde

ciencias que estudan as enfermidades, a súa prevención e erradicación

Denomínanse ciencias da saúde a un conxunto de disciplinas encamiñadas a proporcionar os coñecementos adecuados para a prevención das enfermidades e a promoción da saúde e o benestar tanto do individuo como da colectividade. Abarca un conxunto de diferentes disciplinas científicas aplicadas orientadas á saúde de seres humanos e animais.

As ciencias da saúde organízanse en dúas vertentes:

  1. O estudo e a investigación para a adquisición de coñecementos sobre a saúde-enfermidade.
  2. A aplicación destes coñecementos técnicos.

Ambas as vertentes reúnense para lograr o amplo propósito de:

  • manter, repoñer e mellorar a saúde e o benestar;
  • previr, tratar e erradicar enfermidades;
  • comprender mellor os complexos procesos vitais dos organismos animais e humanos relacionados coa vida, a saúde e as súas alteracións (enfermidades).

As ciencias da saúde son interdiciplinares porque entrelazan ou combiñan varias ciencias para o estudo dun mesmo caso clínico descoñecido, ou para profundar o estudo dunha maneira máis especializada.

As investigacións nestas ciencias están baseadas en ciencias da natureza, como a bioloxía, a química e a física, aínda que tamén nalgunhas das chamadas ciencias sociais, como a socioloxía médica, a psicoloxía etc. Outros campos científicos que fan importantes e significativas achegas ás ciencias da saúde son: bioquímica, biotecnoloxía, enxeñaría, epidemioloxía, xenética, enfermaría, farmacoloxía, farmacia, medicina e outras.

A finalidade última das ciencias da saúde no é só a de subministrar información, senón, e isto é moi imoportante, promover cambios favorábeis na sociedade cara á saúde en todas as actividades e na conduta das persoas.

Catágo das ciencias da saúde

editar