Psicoloxía clínica

A psicoloxía clínica ocúpase da atención a persoas que sofren algún tipo de sufrimento, ben sexa motivado polos trastornos mentais, ben por aqueles do desenvolvemento das potencialidades da persoa. Basea a intervención na importancia do coñecemento dos principios fundamentais que teñen valor para o ser humano, e ten por obxectivo o estudo da conduta humana co fin de contribuír de xeito excepcional á persoa na súa vida cotiá.

Considérase que esta área da psicoloxía xurdiu no ano 1896, cando Lightner Witmer deu inicio á primeira clínica psicolóxica na Universidade de Pensilvania. Na primeira metade do século XX, a psicoloxía clínica estivo enfocada na avaliación psicolóxica, con pouca atención polo tratamento. Este enfoque viuse invertido despois da década de 1940.