Galicia Exprés
Galicia Exprés é unha serie xuvenil de ficción que emitiu a TVG en 2001, producida por Filmanova e CTV, e dirixida por Beatriz del Monte e Antón Reixa. Ambientada nunha empresa de mensaxería, que monta un estudante de dereito tras fracasar nos seus estudos, trata dos problemas dos mozos que alí traballaban e a contorna que os rodea.
Galicia exprés | |
---|---|
Formato | Drama |
Intérpretes | Andrés Fraga Manuela Varela Maxo Barjas Rodrigo Roel Xulio Abonjo Nekane Fernández Xosé Manuel Esperante Ledicia Sola |
País de orixe | Galicia |
Episodios | 80 |
Produción | |
Duración | 30 minutos (aprox.) |
Emisión orixinal | |
Canle de orixe | TVG |
Formato de imaxe | 4:3 |
Primeiro episodio | 2001 |
Derradeiro episodio | 2001 |
Na rede | |
[ editar datos en Wikidata ] |
Sinopse
editarManuel, un estudante de 25 anos, fracasado como estudante de dereito, decide poñer en marcha unha mensaxería, "Galicia Exprés". Deste xeito convértese en empresario e pode dar emprego a outros mozos: un apaixonado da informática, unha motorista que lidera unha banda de rock e incluso a un desempregado de máis de 45 anos. Para levar a cabo esta iniciativa, Manuel vai ter o apoio da súa moza, Elisa, unha estudante brillante de boa familia, e a axuda económica de Sandra, irmá máis vella de Elisa. As relacións laborais, académicas e sentimentais destes personaxes vanse complicando e enleando coas relacións cos clientes habituais e veciños da mensaxería.
Os exteriores da serie están visiblemente rodados en Santiago de Compostela.
Na serie "Pequeno Hotel" era habitual contar con rostros coñecidos, incluíndo actores interpretando os seus doutras series da TVG. De "Galicia exprés" interveu Xulio Abonjo.
Elenco de actores
editar- Manuel (Andrés Fraga).
- Elisa Novo (Manuela Varela).
- Sandra Novo (Maxo Barjas).
- Marcos (Rodrigo Roel).
- Afonso (Xulio Abonjo).
- Isabel (Nekane Fernández).
- Fran (Xosé Manuel Esperante).
- Uxía (Ledicia Sola).
- Paulo (Marcos Orsi).
- Rosa (Gloria Ferreiro).
- Rubén Novo (Gonzalo Uriarte).
- Victoria Otero (Alicia Borrás).
- Lola (Mónica Camaño).
- Morgan (Nacho Castaño).
- Paco (Xavier Estévez).
- Lisardo (Óscar Durán).
- David Novo (Sergio Bermúdez).
- Lois (Iago Saborido).
- Laura (Chela Santalla).
- Natalia (Uxía Pérez).
- Miguel (Marco Antonio Novelle).
Outros intérpretes
editar- Xoán Carballido como voz de fondo
- Maika Aguado Taboada como Beatriz
- Manuel Areoso como Xaquín (acreditado como Manuel García)
- Ricardo de Barreiro
- Covadonga Berdiñas como María Enríquez
- Xan Bravo
- César Cambeiro
- Paco Campos como Sr. Ponte
- Mariana Carballal
- Monti Castiñeiras como Félix
- Blanca Cendán
- Jesús Cobián como Chispas
- Xavier Deive
- Óscar Durán como Lisardo
- Xavier Estévez como Paco
- Manu Fernández como Antón
- Santiago Fernández como Fernando (1ª aparición: "Cuestión de responsabilidades")
- Araceli Fernández Saavedra
- Gloria Ferreiro como Rosa
- César Goldi como Gonzalo (acreditado como Goldi)
- Maite Gómez como Susana
- Roberto Gómez
- Avelino González como Xurxo
- Jose A. Jiménez como Vicente
- Marta Larralde
- Roberto Leal
- Paco Lodeiro como Anselmo
- José Luís López “Sacha”
- Miro Magariños Conrado
- Orlando Maldovi como Ramón
- Olalla Martínez como Lucía
- Iolanda Pérez como Infiltrada
- Josito Porto
- Santi Prego
- Salvador del Río como Iván
- Manolo Romón
- Mara Sánchez
- Vicente de Souza
- Ramiro Taboada como Pedro
- Isabel de Toro
- Luisa Vieira como Fanni
- Roberto Vilar como Presentador de "Reencontros"