Encallados
Encallados é un telefilme galego de comedia dirixido por Alfonso Zarauza que se estreou no ano 2013. Foi rodado en branco e negro con formato de 16 mm.[1] Está protagonizado por Xúlio Abonjo, Federico Pérez, Ricardo de Barreiro e Farruco Castromán,[1] quen tamén foi produtor executivo. O filme tamén conta coas aparicións especias de Luís Tosar, Marcos Pereiro e Patricia Vázquez. Nos Premios Mestre Mateo 2013, foi galardoado con tres premios nas categorías de mellor filme para televisión, mellor montaxe e mellor fotografía.[2] Tamén estivo nomeado nas categorías de mellor director para Zarauza e mellor actor para Abonjo.
Encallados | |
---|---|
Tipo | filme ![]() |
Xénero artístico | cinema de comedia ![]() |
Lingua orixinal | lingua galega ![]() |
Autoría | |
Director/a | Alfonso Zarauza ![]() |
Guionista | Alfonso Zarauza ![]() |
Publicación | |
País orixe | España ![]() |
Produtor/a | Farruco Castromán ![]() |
Compañía produtora | ZircoZine ![]() |
Dimensións | |
Duración | 1 hora e 5 minutos ![]() |
Fontes e ligazóns | |
Redes | ![]() ![]() ![]() |
[ Wikidata ] |
Sinopse
editarConta a historia dun director de cinema que ten que reescribir o guión dun filme en poucas semanas. Para iso conta coa axuda de dous guionistas recoñecidos, mais o proxecto non semella avanzar como debera. Durante o proceso enfróntanse a presións externas e as limitadas posibilidades de produción.
Personaxes
editar- Federico Pérez como Pato
- Xúlio Abonjo como Alfonso
- Ricardo de Barreiro como Andy
- Farruco Castromán como Farruco
- Luís Tosar
- Marcos Pereiro
- Patricia Vázquez
Produción
editarEncallados rodouse no mes de maio de 2012 en Santiago de Compostela. O proxecto foi subencionado pola Consellería de Cultura da Xunta de Galicia.[2]
Notas
editar- ↑ 1,0 1,1 Culturagalega.gal, ed. (11 de xuño de 2014). "Compostela acolle a estrea de Encallados". Consultado o 20 de maio de 2019.
- ↑ 2,0 2,1 Audiovisual Galego (ed.). "Encallados en AVG". Consultado o 20 de maio de 2019.
Véxase tamén
editarOutros artigos
editarLigazóns externas
editar- Páxina oficial
- Encallados na IMDb (en inglés).