Van de Sobra. Toda unha personaxe
Van de Sobra. Toda unha personaxe é unha curtametraxe de José Ángel Regueiro Rojo, rodada en 2007 en formato HD.
Van de Sobra. Toda unha personaxe | |
---|---|
Ficha técnica | |
Director | José Ángel Regueiro Rojo |
Produtor | Julio Casal Fernández-Couto |
Guión | José Ángel Regueiro Rojo |
Intérpretes | Antonio Durán "Morris" (Doutor Notorious), Evaristo Calvo (Armando Duval), Alfredo Rodríguez (Frank Farenheit), Iria Pinheiro (Honey Hush), Carlos Godoy (Van de Sobra) e Suso Cortegoso (Gurkan de la Selva) |
Música | Iván Salgado González |
Fotografía | Suso Bello Giz |
Montaxe | Luís Faraón |
Estrea | 27 de decembro de 2007 |
Duración | 12 minutos |
Orixe | Galicia |
Xénero | aventuras |
Orzamento | 70.478 € |
Armando Duval é un operario de correos afeccionado aos cómics. Mentres le un no seu traballo, é observado por un home estraño e enigmático, que lle aconsella que teña coidado cos exemplares únicos. Máis tarde, na súa casa, Duval é sorprendido por dous estraños personaxes.
Alí, o Doutor Notorius explícalle que tiña un axudante que, ante a falta de creatividade e inspiración á hora de debuxar, descubriu os raios UBRE, capaces de converter a unha persoa en personaxe de cómic.
Agora, a misión do Doutor é atopar os exemplares únicos para liberar as persoas convertidas en personaxe.