Plataforma contra a Burla Negra

A Plataforma contra a Burla Negra é o nome que adoptou a protesta cultural do movemento Nunca Máis.[1] O 1 de febreiro de 2003 houbo unha xornada de mobilización cultural a prol da plataforma Nunca Máis[2], aínda que a presentación se pode rastrexar nunha xuntanza o 27 de novembro de 2002 de músicos.[3] O nome da Burla Negra fora proposto polo actor Miguel de Lira polo nome do barco do pirata galego do século XIX Benito Soto.[4]

Aos dezaseis anos da súa constitución a Plataforma contra a Burla Negra coordinou unha exposición no Auditorio de Galicia e a Biblioteca Xeral da Universidade de Santiago de Compostela.[1]

En 2020 realizaron unha xornada na que participaron Xiana do Teixeiro, Carme Nogueira, Sabela Fraga Costa, Horacio González, Manuel Sendón, Lara Barros Alfaro, Anxo Rabuñal, Marta Pérez Pereiro, Germán Labrador Méndez, Jorge Linheira, o Cineclube de Compostela, a Asociación Patio de Butacas, Xesús Ron, Lorenzo Fernández Prieto, Joan Morera Arbones, a Aula Castelao de Filosofía, Xurxo Ayán, Carmela Montero e Ed. Difusora de Letras, Artes e Ideas.[5]

Recoñecemento editar

No ano 2018 realizouse unha curta documental sobre este movemento cultural.[6]

Notas editar

  1. 1,0 1,1 "O RETORNO DA ‘BURLA NEGRA’". Nós televisión. Consultado o 4 de xuño de 2019. 
  2. "O espectro da Burla Negra". Sermos Galiza. Arquivado dende o orixinal o 04 de xuño de 2019. Consultado o 4 de xuño de 2019. 
  3. "PLATAFORMA BURLA NEGRA: XUNTANZA DE MÚSICOS". Galego21. 27 de novembro de 2002. Arquivado dende o orixinal o 04 de xuño de 2019. Consultado o 4 de xuño de 2019. 
  4. "'Nunca Máis', una burla negra". El País. 4 de xaneiro de 2003. Consultado o 4 de xuño de 2019. 
  5. "Os ‘favoritos’ do trasno. Arquivos cidadáns e memoria democrática". Unha gran Burla Negra. Consultado o 23 de novembro de 2020. 
  6. "A Plataforma contra a Burla Negra volve a revivir a memoria do Prestige". Compostela 24 horas. Arquivado dende o orixinal o 04 de xuño de 2019. Consultado o 4 de xuño de 2019. 

Véxase tamén editar

Outros artigos editar

Ligazóns externas editar


 
 Este artigo é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.