Avelino González Mallada
Avelino González Mallada, nado en Xixón o 7 de agosto de 1894 e finado en Woodstock (Virxinia) o 27 de marzo de 1938, foi un anarquista asturiano.
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 7 de agosto de 1894 Xixón, España |
Morte | 27 de marzo de 1938 (43 anos) Woodstock, Estados Unidos de América (pt) |
Alcalde de Xixón | |
Actividade | |
Ocupación | político, sindicalista |
Membro de |
Traxectoria
editarCon 11 anos comezou a traballar na fábrica de Laviada, e aos 14 contactou co movemento anarquista. En 1911 afiliouse á Confederación Nacional do Traballo, e en 1914 foi despedido do traballo pola súa militancia anarcosindicalista. Emigrou a París en 1915 e regresou a Asturias en 1919, e ao non poder atopar traballo por estar nas listas negras da patronal, trasladouse a La Felguera e dirixiu unha escola racionalista en Frieres. Regresou a Xixón en 1922, onde dirixiu o periódico Vida Obrera e acadou o título de perito mercantil.
Entre setembro de 1925 e xullo de 1926 foi Secretario Xeral da CNT. Traballou como mestre nas minas e na Escola Neutra de Eleuterio Quintanilla. Tras a chegada da Segunda república española dirixiu Solidaridad Obrera, e foi membro do Comité Rexional de CNT en Madrid. Tamén foi membro da Federación Anarquista Ibérica e da loxa Jovellanos da francmasonería. En 1934 mostrouse a favor da participación da CNT na Alianza Obreira, e participou na Revolución de Outubro. En 1935 encargouse de reorganizar o Comité Rexional da CNT en Asturias.
Durante a guerra civil española foi alcalde de Xixón entre o 15 de outubro de 1936 e a toma da cidade polas tropas nacionais en outubro de 1937. Estivo en Barcelona até febreiro de 1938, cando marchou aos Estados Unidos de América para recadar fondos para o conflito. Alí foi recibido polo embaixador Fernando de los Ríos Urruti, e organizou encontros en Nova York. Faleceu nun accidente de tráfico mentres ía en coche a California para tomar parte nunha serie de actos de propaganda.
Foi parella de Florentina Fernández con quen tivo un fillo e unha filla, Avelino e Amapola. Ten unha rúa adicada na súa cidade natal.
Véxase tamén
editarBibliografía
editar- Íñiguez, Miguel (2008): Enciclopedia histórica del anarquismo español. Vitoria, Asociación Isaac Puente. ISBN 978-84-612-4219-1. Páx 774-775 (tomo 1).
Predecesor: descoñecido |
Secretario xeral da CNT 1925 - 1926 |
Sucesor: Segundo Blanco |