Xosé Ramón Mariño Ferro

antropólogo galego

Xosé Ramón Mariño Ferro, nado en Castrofeito (O Pino) o 9 de xaneiro de 1950, é un escritor especializado na antropoloxía de Galicia. Foi profesor titular de Antropoloxía Cultural na Universidade de Santiago de Compostela até a súa xubilación.

Modelo:BiografíaXosé Ramón Mariño Ferro
Biografía
Nacemento9 de xaneiro de 1950 Editar o valor en Wikidata (74 anos)
Castrofeito, España Editar o valor en Wikidata
EducaciónUniversidade Complutense de Madrid Editar o valor en Wikidata
Actividade
Campo de traballoAntropoloxía Editar o valor en Wikidata
Ocupaciónescritor, antropólogo, profesor universitario Editar o valor en Wikidata
Obra
Obras destacables

BNE: XX1638122 AELG: 39 BUSC: marino-ferro-xose-ramon-1950

Traxectoria

editar

Doutor en Filosofía e Letras, licenciouse en antropoloxía americana na Universidade Complutense de Madrid pero ós principios dos anos 80 comezou a recoller información de campo sobre medicina popular galega (1982-1984) e sobre o entroido (1985-1987). Tamén recolleu información sobre as diferentes romarías galegas para o Museo do Pobo Galego.

Ademais de colaborar asiduamente en distintas revistas (Cuadernos de Estudios Gallegos, Encrucillada ou Gallaecia) foi publicando numerosos libros sobre a cultura popular galega e europea. Tamén ten publicados varios libros de narrativa infantil.

Mariño Ferro defende a idea de que a cultura popular galega está entroncada coa cultura popular europea, formada na Idade Media. De feito, afirma que:

Todo o que son crenzas en Galicia son comúns a toda Europa, especialmente á de tradición católica. Pode haber algún matiz, de feito algunhas consérvanse mellor porque foi rural moito máis tempo, pero é o mesmo.[1]

Engade que a cultura popular galega non se compón de elementos illados senón que está perfectamente artellada. Outra das liñas de traballo de Mariño Ferro é pór en evidencia a funcionalidade dos costumes tradicionais por riba da súa aparencia supersticiosa.

Obra en galego

editar

Ensaio

editar
  • Cultura popular (1985, Museo do Pobo Galego).[2]
  • Autobiografía dun labrego (1986, Xerais; reeditado en 2017[3]).
  • Aparicións e Santa Compaña (1995, Edicións do Cumio).
  • Lobos, lobas e lobishomes (1995, Edicións do Cumio).
  • O sexo na poesía popular (1995, Edicións do Cumio).
  • Contos marabillosos (1996, Edicións do Cumio).
  • O demo e o trasno (1996, Edicións do Cumio).
  • Serpes e dragóns (1997, Edicións do Cumio).
  • Contos de homes e mulleres (1999, Edicións do Cumio).
  • Antropoloxía de Galicia (2000, Xerais).
  • O Entroido ou os praceres da carne (2000, Cadernos do Seminario de Sargadelos, Ediciós do Castro).
  • Antropoloxía da alimentación (alimentos elixidos, alimentos prohibidos) (2004, Unidixital).
  • Introducción á antropoloxía cultural (2004).
  • Manuel Branco Romasanta, o lobishome asasino (2007, Nigra).

Literatura infanto-xuvenil

editar
  • A nena branca de Vilamaxín (1990, Edelvives).
  • Liño aprende a ser indio (1996, Edelvives).
  • A amora na silva (2000, Edicións do Cumio).
  • Brancaflor (2000, Edicións do Cumio).
  • Os dous xemelgos, o dragón e o pazo encantado (2000, Edicións do Cumio).
  • A filla do rei (2000, Edicións do Cumio).
  • Iria e o cabalo Buligán (2000, Edicións do Cumio).
  • Unha vella tiña un can (2000, Edicións do Cumio).

Obras colectivas

editar

Obra en castelán

editar

Ensaio

editar
  • Satán, sus siervas las brujas y la religión del mal (1984, Xerais).
  • La medicina popular interpretada I (1985, Xerais) e II (1986, Xerais).
  • Las romerías, peregrinaciones y sus símbolos (1987, Xerais).
  • La medicina mágica (Hipócrates) (1988, Xerais).
  • Muerte, religión y símbolos en una comunidad quechua (1989, Universidade de Santiago de Compostela).
  • La Llave de la Astrología (1989, Edicomunicación)
  • Plantas, carnes y minerales medicinales (1991, Deputación de Pontevedra).
  • El simbolismo animal: creencias y significados en la cultura occidental (1996, Encuentro).
  • Los cuentos maravillosos: realismo mágico (2004, Ronsel).
  • La brujería en Galicia (2006, Nigra).
  • Leyendas, mitos y creencias de Galicia (2008, Ellago).
  • Los amores del ciervo (2010, Instituto de las Identidades, Salamanca).
  • Leyendas y milagros del camino de Santiago (2010, Ellago).

Edición

editar
  • Leyendas y creencias de Galicia (2000, Pontevedra).

Obras colectivas

editar
  • Entroido: aproximación a la fiesta de Carnaval en Galicia (1987, Deputación da Coruña). Con Xosé Manuel González Reboredo.
  • La medicina mágica (Hipócrates) (1988).
  • Muerte, religión y símbolos en una comunidad quechua (1989).
  • La construcción del texto etnográfico a través de dos autores: aportación a una historia de la etnografía en Galicia (1996, Instituto Padre Sarmiento de Estudos Galegos).
  • Santuarios mágicos de Galicia (2003, Nigra).

Premios

editar
  • Gañador do III Premio Internacional de Investigación Etnográfica Ángel Carril no 2010, por Los amores del ciervo.

Véxase tamén

editar

Bibliografía

editar

Ligazóns externas

editar